Vigo chegará á fin de semana do Nadal con máis dun 80% de ocupación hoteleira
A fin de semana pasada a ocupación hoteleira chegou nalgúns casos ao 90%, dixo o rexedor en rolda de prensa. O alcalde subliñou que “o cumprimento das normas sanitarias é total e absoluto” e anticipou que a fin de semana do Nadal a ocupación superará o 80%: “É unha fin de semana moi familiar”, declarou.
