O alcalde agradece a subvención de Turismo publicada no BOE
Abel Caballero afirmou: “Vigo é o proxecto turístico máis importante de toda España”.
Caballero celebrou en rolda de prensa a subvención do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicada no BOE e que outorga 2 millóns de euros ao Concello para a musealización da Fortaleza de O Castro e 20 pantallas para sinalización dixital e mupis.
O rexedor explicou que a subvención é para Vigo “polo proxecto extraordinario de mellora no sector turístico” e cifrou a evolución turística da cidade nun 44% nos últimos cinco anos. Ademais, Caballero louvou o Nadal por ser “incalculable” e que “supera aos meses de xullo e agosto” e afirmou que é “un proxecto desestacionalizador”.
O propio documento recolle o recoñecemento a “Illas Cíes Patrimonio da Humanide”, o Nadal e o Vigo Vertical: “Vigo é o proxecto turístico máis importante de toda España”, sentenciou o alcalde.