Escoitar

Actividades para toda a familia no Calvario e Navia este Nadal

O goberno municipal organiza tres espazos para favorecer a conciliación familiar e laboral e o entretemento familiar no período navideño: “Nadal en familia no Calvario”, “Da horta do Calvario ás cociñas” e o “Parque infantil do Nadal de Navia”.

mércores, 22 dec 2021

“Nadal en familia no Calvario”, é a actividade que se desenvolve na carpa situada na rúa Cronista José Espinosa os días 22,23,24,26,27,28,29,30 e 31 de decembro e os días 2,3,4,5,6,7,8 e 9 de xaneiro de 2022. O horario de mañá comprende de 11 a 14 horas, pola tarde de 16 a 20 horas e os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro soamente en horario de mañá.

As actividades están dirixidas e nenas e nenos de entre 8 e 17 anos e grupos familiares a partir de 4 anos:

- Obradoiros de artes escénicas

Actividades de Teatro: obras de teatro participativas
Actividades de Ritmo e Movemento: o corpo e a música como elemento de comunicación non verbal
Linguaxe corporal e xestual. Se introducen actividades de “Mimo” e Cantabaila (coreografías sinxelas e coñecemento do noso corpo.)
Actividades de danza: exhibicións, ensino de pequenas coreografías (“cantabaila” e “Tik Tok en Familia”), técnicas de relaxación, atención e expresión.
Actividades de caracterización: pintacaras e atrezzo, contacontos
Actividades de circo e clown.

- Obradoiro de cociña de Nadal: A cociña viaxeira. Repostería e pequenas receitas sinxelas para sorprender no Nadal. Introdución a alimentación saudable, dieta equilibrada/ pirámide alimenticia...

- Obradoiros de artes plásticas para aprender a traballar con diferentes recursos (coiro, barro, arxila, plastilina... e diferentes técnicas (modelado, estampación, repuxado... Actividades de debuxo, pintura, escultura, gravado, artesanía e pintura mural.

-Obradoiro de escrita creativa

“Da horta do Calvario ás cociñas”

Trátase dunha actividade pedagóxica co fin de fomentar a creación de hortos urbanos, nunha xeración practicamente sen contacto co campo, adquirindo uns coñecementos mínimos para o seu desenvolvemento. Amais permite traballar o concepto de alimentación saudable. Para os adultos, a actividade é un espazo de interacción e confluencia no que poder resolver dúbidas sobre plantas, aprender a facer abonos con residuos domésticos, usos culinarios de plantas..

Desenvólvese na carpa da rúa Cronista José Espinosa os días 22,23,24,26,27,28,29,30 e 31 de decembro e 2,3,4,5,7,8 e 9 de xaneiro de 2022 en horario de 11 a 14 horas, pola tarde de 16 a 20 horas e os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro soamente en horario de mañá.

As carpas contan con ventilación constante e dispoñen de persoal de control do aforo e a seguridade.

Parque infantil de Nadal en Navia

Para as crianzas de entre 3 e 12 anos, está situado na rúa Teixugueiras 18-20 nunha carpa distribuída en diferentes zonas:

-Granxa e arranxa: espazo de construción que ocupará unha superficie de 108 m2 no que albergará tractores, bloques XXL e palla para que os/as nenos e nenas realicen construcións. Estará dotado con 8 tractores a pedais, 144 bloques XXL e accesorios como palas, carretillas e alpacas de palla

-Bloques XXL: espazo de construción con bloques xigantes que ocupará unha superficie de 60 m2 para albergar 528 bloques

-Pixel Art: espazo de construción con hama beads que permite desenvolver a psicomotricidade

-Plastic Chef: espazo destinado a crear comidas e sobremesas de plastilina

-Espazo de Realidade Virtual: os participantes poderán montar nunha montaña rusa VR

-Geomag World: espazo destinado a crear figuras imantadas da serie de GEOMAG KOR. Procurarase que a idade non sexa un handicap á hora de acceder ás distintas zonas, tendo en conta a seguridade dos/as nenos e nenas en todo momento. As zonas terán horario de mañá e tarde. Á hora de repartilos, combinaranse áreas recreativas, de creación e áreas de animación e relación

-Espectáculos e obradoiros de maxia, co MAGO MARCO os días 7,8 e 9 de xaneiro.

O parque permanecerá aberto os días 22,23,24,25, 26,27,28,29,30 e 31 de decembro e 1,2,3,4,5,6,7,8 e 9 de xaneiro de 2022. Os horarios de apertura son os que seguen:

23 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 - 20:00h

24 de decembro: 11:30 - 14:00h tarde pechado

25 de decembro: mañá pechado 16:00 – 20:00 h

26 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

27 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

28 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

29 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

30 de decembro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

31 de decembro: 11:30 – 14:00 h tarde pechado

1 de xaneiro: mañá pechado 16:00 – 20:00 h

2 de xaneiro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

3 de xaneiro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

4 de xaneiro: 12:00 - 14:00 y 16:00 – 20:00 h

5 de xaneiro: 11:30 – 14:00 h tarde pechado

6 de xaneiro: mañá pechado 16:00 – 20:00 h

7 de xaneiro: 16:00 espectáculo de maxia , 17:30 h obradoiro de maxia

8 de xaneiro: 12:00 obradoiro de maxia, 16:00 h espectáculo de maxia

9 de xaneiro: 12:00 obradoiro de maxia, 16:00 h espectáculo de maxia