Escoitar

O goberno de Vigo ofrecerá cenas de Nadal a 142 persoas maiores que viven soas

Son usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da teleasistencia municipal, principalmente mulleres de idade que recibirán nos seus domicilios un menú especial no día que escollan. Vigo tamén servirá unha cena de Nadal aos 38 usuarios do albergue municipal e entregará outras 32 a persoas en situación de rúa, pensións e hostais.

xoves, 23 dec 2021
O alcalde, ao comezo da rolda de prensa.
O alcalde, ao comezo da rolda de prensa.

Das 142 persoas que recibirán a cena, 101 son usuarias da Teleasistencia e outras 41, do Servizo de Axuda no Fogar, segundo detallou este xoves Abel Caballero en rolda de prensa. E do total, 126 son mulleres e na súa gran maioría superan os oitenta anos de idade.

O Concello finalmente porá a cena na mesa de todos os usuarios destes servizos municipais que pasen sós as festas, sen límite de idade. Así, o máis novo é unha persoa con discapacidade de 47 anos, que dispón da teleasistencia municipal. Boa parte das 142 cenas serán servidas na Noiteboa, mais a data é a elección, polo que tamén se entregarán na Noitevella e incluso na xornada de Reis.

Ademais, Vigo elaborará menús especiais para os 38 usuarios que dormen no Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social, o albergue municipal de Marqués de Valterra, tanto na Noiteboa como no día de Nadal. E o Concello tamén repartirá cenas e comidas a 32 persoas en situación de rúa, aloxadas en pensións e hostais, explicou Caballero.

Descargar todas as imaxes