Xabier Alonso felicita á Xisela Aranda, campiona de España na categoría absoluta feminina de squash

xoves, 22 abr 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á deportista Xisela Aranda, que vén de gañar o Campionato de España absoluto feminino de squash. Asemade, felicitou a Hugo Varela, seleccionado para a selección absoluta deste deporte e a Iván López, campión de España sub-11 e que mañá se desprazará a Palencia para participar no Campionato de España sub-13.

O tenente de alcalde avanza que o novo complexo de auga da Miñoca comezará a funcionar tras o verán

luns, 12 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este luns que a construción do novo complexo de auga ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) está xa nos últimos meses de execución, polo que estará en funcionamento tras o verán. Na visita ás novas instalacións deportivas, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o edil destacou que esta actuación supón un investimento de 10,3 millóns de euros e vai ser un dos maiores complexos de auga da cidade.

Santi Domínguez anuncia que Lavadores completará a súa a oferta deportiva cun amplo complexo de pistas abertas

mércores, 7 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este mércores o novo complexo deportivo de Barreiro, que conta cun orzamento de 1.130.000 euros con cargo ao Plan FEIL 2010. Segundo Santi Domínguez, este polideportivo ubicado nunha gran zona verde, completa a oferta deportiva de Lavadores, xa que ao seu carón se atopa o complexo de auga, e responde ás necesidades da veciñanza.

Navia contará en xuño cun pavillón e un campo de fútbol de hérba sintética financiados con fondos do Plan E

venres, 26 mar 2010

O secretario xeral de Cooperación Local do Ministerio de Política Territorial, Gaspar Zarrías, visitou hoxe as obras do pavillón polideportivo e campo de fútobl de herba sintética que se están a construír en Navia con cargo aos fondos do Plan E. As novas infraestruturas deportivas, cun investimento cercano aos 6 millóns de euros, estarán rematadas no mes de xuño.

Santi Domínguez di que o Premio Nacional de Deporte é un recoñecemento á traxectoria deportiva de Vigo

luns, 22 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, amosaron hoxe a súa satisfacción pola concesión ao Concello de Vigo do Premio Consejo Superior de Deportes, dentro dos denominados Premios Nacionales del Deporte 2009. Santi Domínguez considera que a decisión tomada polo xurado "referenda" a política deportiva de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes de Vigo neste mandato municipal. "Non se nos dá non por unha cuestión puntual senón por unha traxectoria, o que nos enche de orgullo", dixo o tenente de alcalde en conferencia de prensa.

Xabier Alonso anuncia que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike incorpora unha pedalada popular

luns, 15 mar 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou hoxe que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, que terá lugar esta fin de semana, inclúe como novidade a celebración dunha pedalada popular. Na presentacion da proba, o edil salientou a espectacularidade do descenso, no monte Fragoselo de Coruxo, polo que asegurou que "Vigo é todo un reto para os afeccionados a este deporte".

Xabier Alonso felicita á atleta Soledad Castro, campiona do mundo de medio maratón en pista cuberta para veteranos

venres, 12 mar 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á atleta Soledad Castro, que vén de proclamarse campiona de medio maratón no Campionato do Mundo de pista cuberta para veteranos que se celebrou a semana pasada en Canadá. Na recepcion celebrada na Concellería de Deportes, o concelleiro agasallouna cun exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.