O tenente de alcalde avanza que o novo complexo de auga da Miñoca comezará a funcionar tras o verán
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este luns que a construción do novo complexo de auga ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) está xa nos últimos meses de execución, polo que estará en funcionamento tras o verán. Na visita ás novas instalacións deportivas, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o edil destacou que esta actuación supón un investimento de 10,3 millóns de euros e vai ser un dos maiores complexos de auga da cidade.
Santi Domínguez explicou que a superficie total do complexo de auga é de máis de 4.000 metros cadrados que se repartirán nunha piscina cuxo vaso principal será de 25 por 12,5 metros e outras dúas piscinas complementarias de 10 po 6 metros. Unha delas destinarase a aprendizaxe, mentres que a outra se utilizará como piscina activa, xa que estará dotada de dúas camas de auga, oito postos de hidromasaxe, un chorro de cervicais, un chorro de láminas de auga e dous géiseres.
A piscina activa e a zona de tratamentos e relax conforman unha área termal, que contará cunha sauna, un baño turco, catro duchas de esencias e fonte de xeo. Ademais das piscinas, haberá tamén catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como un ximnasio e que contará con dúas piscinas, camas de auga, saunas, spa, así como un ximnasio municipal de 600 metros cadrados. "Serán unhas instalacións deportivas sen parangón na nosa cidade", subliñou Santi Domínguez.
O tenente de alcalde salientou tamén que con esta actuación se recupera, na cuberta do complexo deportivo, unha praza pública de máis de 2.000 metros cuadrados "para uso e goce dos veciños e veciñas". A construción desta praza é posible porque o edificio é soterrado en case a súa totalidade, de xeito que apenas se aprecia o seu volume, ao quedar camuflado por unha praza pública. Estrutúrase en planta baixa, planta primeira e planta soto, sempre por debaixo da cota marcada pola praza. A pendente na que se ubicará permite que a fachada goce de luz nartural en toda a súa fronte.
"Xunto co complexo de auga de Barreiro, esta será unha instalación emblemática que completará a oferta deportiva municipal", afirmou Santi Domínguez. Na súa intervención felicitou tamén ao concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, por ser o artífice das novas instalacións deportivas da cidade.
O concelleiro de Deportes subliñou que o 2010 será o ano "da gran revolución nas infraestruturas deportivas" de Vigo. Destacou que esta transformación non só se refire ao complexo de auga e ao resto de instalacións novas que se están poñendo en marcha, senón que se completa cunha "ampla oferta deportiva".
Descargar todas as imaxes