Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Areal

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de aparcadoiro soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS-EXCONSA, estará pechada ao tráfico, en ámbolos dous sentidos, a rúa Areal, treito entre Rep. Arxentina e Inés Pérez de Ceta, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 14 de abril de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun ano.

venres, 9 abr 2010
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas e treitos seguintes: Tráfico procedente de Concepción Arenal, desvío por Pontevedra, Rosalía de Castro e Rep Arxentina.
Tráfico procedente de Isaac Peral e Areal, desvío por Canceleiro ou Oporto, Rosalía de Castro e Inés Pérez de Ceta.

Asemade, mentres duren as obras, establécese sentido único nas rúas seguintes: Pontevedra, entre Areal e Rosalía de Castro, cara a Rosalía de Castro. Inés Pérez de Ceta, cara a Areal. Rosalía de Castro, entre Pontevedra e Inés Pérez de Ceta, cara a esta última.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.