Santi Domínguez anuncia a creación dun centro comercial virtual para impulsar a modernización tecnolóxica do sector
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este venres a posta en marcha dun centro comercial virtual e un sistema de fidelización dirixido ao pequeno e mediano comercio vigués. Destacou que este proxecto, no que poderán participar gratuitamente todos os establecementos que o soliticten, e outro no eido do deporte, son as únicas actuacións que se desenvolverán en Vigo dentro do Plan FEIL en relación ao acceso ás novas tecnoloxías.
"Por primeira vez o comercio de Vigo terá unha plataforma real para poñerse á altura da modernización tecnolóxica e contar cun instrumento que lles vai permitir competir coas grandes áreas comerciais", destacou Santi Domínguez. Lembrou que un dos obxectivos fundamentais deste goberno consiste no apoio ao pequeno e mediano comercio, mediante o investimento de 1.200.000 euros o ano pasado e outros 1.200.000 euros este ano. "Pero non podiamos quedarnos aí e era necesario implantar as novas tecnoloxías que permitiran competir en igualdade de condicións", manifestou.
O tenente de alcalde explicou que co proxecto de plataforma tecnolóxica para o comercio se busca "dar un novo impulso ao comercio", xa que segundo apuntou é un sector que atopa dificultades para crear novas canles de distribución e manter a súa clientela. Ademais, quere respostar ás novas demandas de consumo, porque cada vez son máis os usuarios e usuarias que acceden ás compras a través da rede.
"Trátase de dúas solucións informáticas que permitirán aos comercios dispor de servizos de presenza na rede, a venda online e fidelizar clientes", sinalou o tenente de alcalde na presentación da iniciativa, que conta cun orzamento de 115.000 euros. Tamén comentou que dende un mesmo portal será posible acceder tanto ao centro comercial virtual como aos servizos de fidelización.
Respecto ao Centro Comercial Virtual indicou que cada empresa disporá da súa propia tenda virtual, de xeito que os comerciantes poderán presentar os seus produtos na rede e facer campañas conxuntas. "Esta pensado especialmente para os establecementos que queiran ter presenza en internet pero non teñan estrutura propia ou capacidade para creala", manifestou.
Santi Domínguez destacou que o Centro Comercial Virtual ofrece diversas vantaxes para os comerciantes, como a creación dun escaparate virtual propio, estar nunha plataforma máis ampla e ofrecer aos clientes un carriño de compras online. Sinalou que o feito de que sexa un proxecto colectivo favorece un maior fluxo de tráfico que se fora unha tenda virtual independente. Asemade, comentou as vantaxes que terá para os usuarios, que se poderán beneficiar dunha información completa sobre os servizos, comparar prezos dos produtos e facer as compras con maior axilidade.
No tocante ao Sistema de Fidelización de clientes, o tenente de alcalde dixo que será unha "ferramenta importante para potenciar o consumo no comercio de proximidade". Explicou que está baseado en tarxetas nominais nas que se irán acumulando puntos en cada compra nos comercios asociados, que posteriormente poderán ser canxeados por produtos. O nacionalista sinalou que tamén haberá tarxetas regalo e outros servizos como sorteos, promocións e un catálogo de regalos.
En resposta ás preguntas dos medios sobre a data de posta en marcha desta iniciativa indicou que xa está licitada e na fase de adxudicación provisoria, polo que aproximadamente en dez días terá lugar a adxudicación definitiva e a principios de maio xa se poderá empezar a traballar cos comerciantes na proba piloto. Ao respecto engadiu que inicialmente se traballará con arredor de 30 comercios para comprobar os resultados e posteriormente extendelo aos que o soliciten.
Santi Domínguez sinalou que pese a que en primeiro lugar se establecerán os contactos coas asociacións de comerciantes, calquera comercio que o solicite na Concellería de Comercio recibirá asesoramento e información por parte dun equipo técnico dun xeito gratuíto.
Descargar todas as imaxes