Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 9 abr 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 12 DE ABRIL DE 2010.

1.- Acta da sesión ordinaria do 26 de marzo, extraordinaria e urxente do 30 de marzo e ordinaria do 5 de marzo de 2010.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Bases e convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais para o ano 2010. Expte. 3486/335.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 02/3011, 13/1393, 03/3121, 11/1567, 13/2833.

4.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores. Expte. 2691/12.

DEPORTES
5.- Bases e convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro pola súa actividade na tempada deportiva 2009/2010. Expte. 9350/333.

6.- Bases e convocatoria de subvencións a entidades deportivas para a organización de eventos e actividades deportivas na cidade de Vigo durante o ano 2010. Expte. 9351/333.

7.- Proposta de autorización ao ANPA do CEIP de Mosteiro Bembrive para a realización do XXXI Cross Escolar Mosteiro Bembrive o día 2 de maio de 2010. Expte. 9412/333.

8.- Proposta de autorización a D. Francisco José Piñeiro Lorenzo, para a realización da V Marcha Ciclista de Navia o día 23 de maio de 2010. Expte. 9389/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
9.- Expediente de contratación da prestación de servizos técnicos aos Servizos de Xestión Catastral Delegada e Administración Electrónica do Concello de Vigo para a realización de determinadas funcións catastrais. Expte. 899/500.

EMPREGO
10.- Expediente de contratación da prestación de servizos de planificación, seguimento, asesoramento e apoio xeral e específico ao Proxecto Imos Traballar. Expte. 6773/77.

MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Mobilidade, Transporte e Seguridade durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2010.

RECURSOS HUMANOS
12.- Axudas especiais con cargo ao Fondo de Acción Social. Expte. 19753/220.

13.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos meses de outubro 2009 e febreiro 2010. Expte. 19744/220.

14.- Bases selección contratación laboral, por acumulación de tarefas do equipo de reforzo dos traballos de limpeza e coidados dos areais da cidade. Expte. 19724/220.

15.- Produtividade dos condutores de seguridade da Tenencia de Alcaldía. Expte. 19750/220.

SERVIZOS XERAIS
16.- Ampliación do prazo de execución das obras de "Humanización do entorno de Casablanca, 1ª Fase: Rúa Simón Bolivar (entre Venezuela e Praza Elíptica)". Expte. 249/440.

17.- Ampliación do prazo de execución das obras de "Ampliación da rede de saneamento na Parroquia de Candeán". Expte. 248/440.

18.- Devolución de aval a Construcciones Crespo S.A. constituída por obras na rúa Castelao-Quintela. Expte. 2640/241.

19.- Devolución de aval a Tendidos Moncosa S.A. constituída por obras na rúa Sanjurjo Badía. Expte. 60770-250.

URBANISMO
20.- Aprobación definitiva do expediente de normalización de predios da Unidade reparcelatoria nº 1 de Bouzas. Expte. 11153/411.

21.- Operación xurídica complementaria do Proxecto de Equidistribución do Polígono II do PERI IV-04 do Calvario (actual APR 4-09 Calvario 6). Expte. 4624/401.

VOLUNTARIADO
22.- Proxecto de "Fomento do Voluntariado no municipio de Vigo" para presentar á convocatoria de subvencións para a realización de accións de voluntariado do 2010. Expte. 303/322.

23.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 12 de abril de 2010, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 9 de abril de 2010.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.