Espectáculo teatral no Verbum para todos os públicos
O vindeiro domingo 25 de abril o museo Verbum celebra o seu VII ANIVERSARIO. Para conmemoralo o museo oferta un espectáculo teatral especialmente deseñado e producido para o Verbum, que axudará a ampliar o panorama cultural e artístico da exposición permanente, verdadeira protagonista da representación. A representación terá lugar os días 10,17,23,24 e 15 de abril con sesións ás 12.00 e as 18.00 horas
O espectáculo, inspirado nos contidos da propia exposición, está escrito pola dramaturga María
Fernanda Cosín e dirixido pola galega Ana Carril. Os actores encargados de levalo á práctica son
María Caparrini e Ricardo Solveira (alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia). Están acompañados dos músicos Chiqui Bernárdez e Xan Lavaca.
Os actores darán vida ás diferentes escenas, nas que estes "Ñaques" do VERBUM conducirán aos visitantes no seu percorrido pola exposición. Non se trata de ilustrar o xa reflictido nos propios contidos, senón complementar a exposición introducindo, ás veces, aos espectadores aos contidos, e noutros casos, acompañándoos na súa experiencia expositiva, tendo, como pano de fondo, o teatro, instrumento idóneo para estas actividades de divulgación.
AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES POR SESIÓN
DURACIÓN APROXIMADA: 50 MINUTOS
Descargar todas as imaxes