O programa de Avellentamento Activo, que en 2009 deu servizo a 1.230 persoas, amplíase con visitas aos xacementos
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balance do programa de Avellentamento Activo e salientou que ao longo do 2009 un total de 1.230 persoas participaron nos cursos que se desenvolveron en 17 asociacións veciñais. Asemade, a edil destacou que como novidade, o programa para este ano inclúe visitas aos xacementos arqueolóxicos de Toralla, O Castro e as salinas de Rosalía de Castro baixo o nome "Percorrido pola nosa historia".
María Méndez sinalou que o programa de Avellentamento Activo está dirixido ás persoas maiores, "un colectivo moi importante para a Concellería de Benestar Social, que ata agora non estivo ben atendido". A concelleira destacou a importancia de poñer en marcha este programa como medida preventiva da dependencia e como elemento fundamental na mellora da calidade de vida.
"O avellentamento activo ten unha visión positiva da vellez e que evita asociala con elementos negativos como o incremento do gasto social", indicou a nacionalista. Pola contra, asegurou que as persoas maiores teñen "unhas cualidades e unha vida que transmitirnos", que é o que se quere poñer en valor dende Benestar Social.
A concelleira dixo que ao longo do 2009 o programa se desenvolveu en 17 asociacións da maioría dos barrios e parroquias de Vigo cun orzamento de 140.000 euros. Se no ano pasado foron 1.230 as persoas participantes nos cursos, no que vai de 2010 son xa 250 as persoas anotadas para participar.
Respecto aos cursos de Avellentamento Activo, a concelleira destacou que as actividades que se ofrecen son "múltiples e variadas", e consisten en musicoterapia, risoterapia, danzas do mundo, baile galego, tai chi, ioga, teatro e informática, entre outras. Explicou que o programa inclúe tamén actividades deportivas, como natación e ximnasia para maiores.
María Méndez salientou que outra das actividades que tivo moi boa acollida o ano pasado é "Viaxa e coñece". Dende Benestar Social se facilita un autobús ás asociacións que o solicitan para facer viaxes por Galiza e Norte de Portugal. As charlas informativas son outra das iniciativas ás que fixo referenza a concelleira de Benestar Social. Explicou que teñen lugar sobre patoloxías que poden ter as persoas maiores e nas que se ofrecen pautas de comportamento axeitadas para afrontalas. Celébranse dúas, "Nutrición e saúde" e "Prevención da diabete".
Tamén falou dos talleres interxeneracionais, que segundo explicou María Méndez son actividades ao aire libre que se desenvolven en diversas prazas de Vigo cando en verán se suspenden os cursos. "Moita xente maior non vai de vacacións, polo que ofrecemos talleres ao aire libre nas prazas da cidade un día á semana. Deste xeito cubrimos o espazo do 1 de xuño ao 31 de agosto", indicou.
No eido cultural María Méndez mencionou dúas actividades. Por unha banda a visita aos museos Quiñones de León, Marco, Verbum, Liste, a Fundación Laxeiro, o Centro de Artesanía Tradicional e a Casa Galega da Cultura, que se pode solicitar dende as asociacións veciñais. "Percorrido pola nosa historia" é a outra actividade cultural. A concelleira salientou que se trata dunha novidade para este ano que trata de poñer en valor os xacementos arqueolóxicos de Toralla, O Castro e as salinas de Rosalía de Castro. "Queremos que as persoas maiores coñezan o noso patrimonio", afirmou. Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Concellería de Patrimonio Histórico, ofrece unha visita guiada á semana por asociación e comezará no mes de maio.
Descargar todas as imaxes