O alcalde involucra ao centro tecnolóxico de automoción e á empresa privada para que Vigo sexa "cidade piloto do automóbil eléctrico"
Abel Caballero asegurou que "a cidade vaise embarcar neste proxecto", para o que conta con involucrar ao sector de automoción vigués -encabezado pola factoría de Citroën-, á empresa privada, ao Ministerio de Industria e á cidadanía viguesa. O alcalde avanzou que o Concello xa está a estudar novas ordenanzas municipais que impulsen o emprego do vehículo eléctrico na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este luns o proxecto vigués de converter a Vigo en "cidade piloto do automóbil eléctrico" ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e as empresas privadas Tranvías Eléctricos e Welgood Solutions.
O rexedor vigués trasladou ás tres entidades -directamente vencelladas coa tecnoloxía do coche eléctrico- que o Concello vigués prevé liderar unha iniciativa que precisará do respaldo do sector da automoción (a factoría de PSA de Balaídos para a eventual fabricación do vehículo, o CTAG para a posta en valor da súa tecnoloxía punteira na materia e a industria de compoñentes no suministro dos "elementos diferenciais" do coche).
"Esta cidade vaise embarcar neste proxecto", asegurou o alcalde, para o que tamén procura aglutinar á iniciativa privada -para a tecnoloxía e o establecemento- e ao Ministerio de Industria para o apoio loxístico e parte do financiamento. Tras unha conversa telefónica, Caballero avanzou que o ministro amosou "gran interese" no proxecto vigués.
Por último, o alcalde de Vigo reclamou a colaboración da cidadanía viguesa na posta en marcha desta "cidade piloto", como por exemplo para testar en comunidades de propietarios o subministro da electricidade aos vehículos.
Abel Caballero aseverou que este é un "proxecto extraordinariamente ambicioso" que desde a cidade de Vigo "queremos liderar". Para iso, o alcalde avanzou que manterá próximamente unha reunión co Secretario de Estado de Industria e coa Secretaria Xeral do Ministerio para transmitirlles a iniciativa pioneira viguesa de "simular o funcionamento real dun automóvil eléctrico nunha cidade de tamaño medio-grande, como é Vigo, constituíndonos no centro de atención de Europa".
Ademais, Caballero sinalou que o Concello está a estudar "qué tipo de ordenanzas temos que facer para potenciar a utilización do automóbil eléctrico". O Ministerio de Industria está a estudar subvencións á compra do vehículo eléctrico.
Descargar todas as imaxes