A reforma do Auditorio Municipal rematará en maio e en xuño acollerá a primeira actuación
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este xoves que a remodelación do Auditorio Municipal estará rematada no mes de maio, de xeito que en xuño acollerá a primeira actuación e a partir do mes de setembro unha programación cultural municipal estable. Na visita que realizou a este auditorio xunto aos concelleiros de Cultura e Patrimonio Histórico,Dominguez destacou que a remodelación acometida, cun orzamento de 1.4 millóns de euros, permitirá a integración deste espazo na Rede Galega de Teatro.