A reforma do Auditorio Municipal rematará en maio e en xuño acollerá a primeira actuación
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este xoves que a remodelación do Auditorio Municipal estará rematada no mes de maio, de xeito que en xuño acollerá a primeira actuación e a partir do mes de setembro unha programación cultural municipal estable. Na visita que realizou a este auditorio xunto aos concelleiros de Cultura e Patrimonio Histórico,Dominguez destacou que a remodelación acometida, cun orzamento de 1.4 millóns de euros, permitirá a integración deste espazo na Rede Galega de Teatro.
Santi Domínguez deu conta das diversas obras levadas a cabo, que segundo afirmou teñen o obxectivo de converter o auditorio "nun espazo axeitado para a representación de calquer tipo de espectáculo das artes escénicas". Respecto á insonorización, un dos problemas que presentaba o recinto xunto a visibilidade, indicou que tras a reforma a visibilidade será total en todo o recinto mediante a colocación das butacas en graderío.
A este respecto, o concelleiro de Cultura, Xesus López, apuntou que se manteñe un número similar de prazas, arredor de 300, pero cunha visualización total da escena. "Vigo contará xa cun verdadeiro auditorio municipal", asegurou.
Tras percorrer o recinto, Santi Domínguez indicou que as obras tamén inclúen a mellora dos equipamentos escénico e técnico, así como un novo acceso directo dende a Praza do Rei, a construción de taquillas, a renovación do mobiliario e a construción de camerinos e aseos, "que antes non había", sinalou.
"Dentro de pouco xa teremos un Auditorio Municipal como merece Vigo, que permitirá desenvolver unha programación municipal estable ao longo de todo o ano", destacou Santi Domínguez. Ao respecto, indicou que practicamente todos os días do ano se celebrarán actuacións das diferentes artes escénicas, como teatro, danza, cine, música ou maxia.
Descargar todas as imaxes