Santi Domínguez e María Méndez visitan Cedro para avaliar os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas no centro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este xoves as instalacións de Cedro, onde comprobaron as obras realizadas para mellorar as condicións de accesibilidade no marco do Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas. No transcurso da visita, os concelleiros destacaron o compromiso do goberno local para normalizar a vida das persoas con dificultades de mobilidade.
O tenente de alcalde explicou cales foron as principais obras acometidas en Cedro. Sinalou que a reforma consistiu na instalación dun ascensor, na adaptación dos aseos existentes para persoas con mobilidade reducida, na remodelación do acceso ao centro, eliminando a escaleira existente, e a instalación de portas corredeiras e de saída de emerxencia.
O Plan de Eliminación de Barreiras Aquitectónicas en edificios municipais desenvolveuse con cargo ao Plan FEIL 2009 e supuxo un investimento superior aos 2 millóns de euros en 26 inmobles. Segundo anunciaron Santi Domínguez e María Méndez, este ano continuarase esta iniciativa de fomentar a mobilidade mediante o desenvolvemento de obras noutras dependencias municiapais que contan cun orzamento superior aos 200.000 euros.
Por outra banda, os nacionalistas expresaron os seus parabéns ao director de Cedro, Fran Otero, e o seu equipo, polo traballo que están a desenvolver no eido da prevención das drogodependencias e pola celebración do 25 aniversario do centro que se cumpre este ano.
Descargar todas as imaxes