luns, 12 abr 2010
O alcalde de Vigo asegurou este luns que os proxectos para construir tres novos estacionamentos en Bouzas atópanse "moi avanzados". Un deles estará ubicado baixo a Alameda, xunto á rotonda das anclas, e contará con 350 prazas; o segundo, no entorno do Mercado, terá 120 estacionamentos; e o terceiro, próximo á Alameda Suárez Llanos disporá doutros 180 espazos para vehículos. A prioridade do Concello pasa por dar servizo a residentes e rotatorios.
luns, 12 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este luns que a construción do novo complexo de auga ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) está xa nos últimos meses de execución, polo que estará en funcionamento tras o verán. Na visita ás novas instalacións deportivas, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o edil destacou que esta actuación supón un investimento de 10,3 millóns de euros e vai ser un dos maiores complexos de auga da cidade.
luns, 12 abr 2010
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe da aprobación en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde das obras de ampliación da rede de saneamento de Valadares e construcción de beirarrúas no entorno da igrexa, ademais do das futuras beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario. O goberno local validou asemade o plan de xestión de residuos da humanización de Manuel Álvarez.
luns, 12 abr 2010
Abel Caballero asegurou que "a cidade vaise embarcar neste proxecto", para o que conta con involucrar ao sector de automoción vigués -encabezado pola factoría de Citroën-, á empresa privada, ao Ministerio de Industria e á cidadanía viguesa. O alcalde avanzou que o Concello xa está a estudar novas ordenanzas municipais que impulsen o emprego do vehículo eléctrico na cidade.
luns, 12 abr 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a actuación que o grupo Berrogüetto ofrecerá o vindeiro xoves, 15 de abril, no teatro do Centro Cultural Caixanova. O edil explicou que neste concerto Berrogüetto presentará o seu último disco "Kosmogonías", que conta coa colaboración de Rosa Aneiros e Manuel Rivas.
luns, 12 abr 2010
Abel Caballero recibiu este luns a unha treintena de axentes da Policía Local para recoñecerlles oficialmente a súa "dedicación" na organización dos actos conmemorativos do 25 aniversario da modernización da Policía Local. O traballo realizado polos funcionarios municipais tivo lugar no seu tempo de lecer, e o alcalde agradeceu o "esforzo" destes.
luns, 12 abr 2010
Os concelleiros de Deportes, Xabier Alonso, e Cultura, Xesus López, presentaron este luns unha nova edición do programa "Camiña e coñece", que o vindeiro domingo, 18 de abril, percorrerá a parroquia de Bembrive. Para participar nesta iniciativa que comezou no 2007, non é preciso inscribirse previamente.