O alcalde recoñeceu o "esforzo e dedicación" dos axentes da Policía Local nos actos do 25 aniversario da modernización da institución
Abel Caballero recibiu este luns a unha treintena de axentes da Policía Local para recoñecerlles oficialmente a súa "dedicación" na organización dos actos conmemorativos do 25 aniversario da modernización da Policía Local. O traballo realizado polos funcionarios municipais tivo lugar no seu tempo de lecer, e o alcalde agradeceu o "esforzo" destes.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este luns o seu recoñecemento oficial a unha treintena de axentes da Policía Local polo seu "esforzo e dedicación" na organización e desenvolvemento dos actos de conmemoración dos 25 anos da modernización da entidade.
Os devanditos actos, que tiveron lugar fai escasas semanas, foron realizados polos axentes no seu tempo de lecer, nas distintas probas sobre técnicas de intervención policial, na exhibición de motoristas, na mostra do Museo Verbum e na apertura da galería de tiro do Concello.
Este traballo é merecedor da distinción oficial por parte do alcalde vigués, quen hoxe recibiu aos funcionarios municipais para transmitirlles persoalmente o seu agradecemento e felicitación polo éxito acadado.
Descargar todas as imaxes