Escoitar

O Concello acometerá melloras no Calvario e Valadares por valor de case 400.000 euros

O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe da aprobación en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde das obras de ampliación da rede de saneamento de Valadares e construcción de beirarrúas no entorno da igrexa, ademais do das futuras beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario. O goberno local validou asemade o plan de xestión de residuos da humanización de Manuel Álvarez.

luns, 12 abr 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde de sendas melloras en Valadares e o Calvario por un importe próximo aos 400.000 euros.

Segundo indicou, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao último trámite administrativo para ampliar a rede de saneamento de Valadares, proxecto que inclúe a construcción de beirarrúas no entorno da igrexa da parroquia viguesa. O investimento municipal nestas actuacións ascede a 87.000 euros.

Por outra banda, o alcalde comunicou o visto bo do goberno vigués ao plan de seguridade e saúde dos traballos de construcción das novas beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario, cun orzamento próximo aos 300.000 euros.

Ambas melloras forman parte das partidas reservadas polo Concello para reformar o rural vigués, máis de vinte actuacións que suman investimentos municipais por valor duns seis millóns de euros.

Manuel Álvarez
Tal e como sinalou hoxe Abel Caballero, o goberno local tamén ratificou o plan de residuos da humanización da Manuel Álvarez, a "máis importante acometida nunca na cidade" que xa está en obras. A aprobación establece os requisitos medioambientais duns traballos que custarán case 5,2 millóns de euros.