martes, 13 abr 2010
Tras unha reunión co Clúster do Granito, Abel Caballero citou que nas rúas humanizadas polo Concello con cargo ao Plan E do Goberno de España empregáronse 106.000 m2 de pedra natural de Vigo, e en todas as humanizacións viguesas a cifra ascende a 200.000 m2. O rexedor recibiu o agradecemento do Clúster pois a aposta do Concello polo granito foi a "salvación" do sector e do seu emprego.
martes, 13 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes o investimento de 256.000 euros a cargo do Plan FEIL 2010 para o desenvolvemento das actuacións de reforma e mellora do auditorio municipal de Castrelos. O concelleiro salientou que é unha actuación necesaria para reparar os desperfectos causados polo paso do tempo e pola falta de mantemento do anterior goberno local. O obxectivo é que as obras estean rematadas para o inicio da temporada de concertos, que abrirá Norah Jones o 14 de xullo.
martes, 13 abr 2010
Abel Caballero visitou este martes os traballos de humanización da rúa, de preto de 1,5 quilómetros de lonxitude, e que estarán rematados na súa primeira fase en seis meses. Tras a finalización dun lateral, o alcalde anunciou a acometida da segunda fase da humanización para o vindeiro ano, que levará un orzamento similar á etapa xa en marcha, de 900.000 euros.
martes, 13 abr 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, clausurou este martes o programa escolar de prevención das drogodependencias "Eu son eu". No transcurso do acto, a edil felicitou aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro pola súa participación no proxecto. Entregoulles un diploma acreditativo e agradeceul a colaboración do centro escolar e da asociación Érguete nesta iniciativa.
martes, 13 abr 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIII Festa do Kárate, que terá lugar o sábado 17 de abril no pavillón de Bouzas a partir das 17 horas. Na súa intervención, o concelleiro destacou que o evento reunirá a 300 xóvenes deportistas, de entre 5 e 17 anos, e 30 deportistas veteranos, de máis de 50 anos.