Escoitar

O alcalde asegura que Vigo salda unha "vella débeda da cidade" coa humanización de Cesáreo Vázquez

Abel Caballero visitou este martes os traballos de humanización da rúa, de preto de 1,5 quilómetros de lonxitude, e que estarán rematados na súa primeira fase en seis meses. Tras a finalización dun lateral, o alcalde anunciou a acometida da segunda fase da humanización para o vindeiro ano, que levará un orzamento similar á etapa xa en marcha, de 900.000 euros.

martes, 13 abr 2010
1271163549oia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que Vigo salda unha "vella débeda da cidade" coa humanización en marcha da rúa Cesáreo Vázquez, en San Miguel de Oia, cun investimento na súa primeira fase de 900.000 euros.

Así o subliñou o rexedor vigués nunha visita aos traballos de mellora da rúa, dun quilómetro e medio de lonxitude, á que se lle dotará de "estrutura de casco urbano", coa pavimentación da rúa, novos puntos de luz, renovación do saneamento e a construcción de beirarrúas.

Unha vez rematada a primeira fase da obra de Cesáreo Vázquez, Caballero anunciou o inicio para o próximo ano da etapa final da humanización, que afectará ao outro lateral da rúa, con idénticas características á actual.

"É unha zona moi ilustre da cidade e ten que ser tratada desta maneira", aseverou o alcalde na súa visita, onde avogou por converter a Cesáreo Vázquez nunha "arteria urbana" e dotala de "dignidade". Caballero apuntou que esta mellora era demandada pola veciñanza desde fai 30 anos

Colaboración cidadá
O alcalde fixo especial fincapé na cooperación da veciñanza da zona para efectuar unha mellora que non reduce espazo na calzada e posibilita ao tempo a construcción de beirarrúas. Caballero felicitou e agradeceu que os veciños cederan espazo ao efecto, facendo posible esta demandada reforma.
Descargar todas as imaxes