Visita á residencia romana de Mirambell
A Concellería de Xuventude organiza o venres, día 16 de abril, unha visita á Vila Romana Mirambell en horario de 17:00 a 18:00 horas. As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán acudir ás 17:00 horas no igrexado do Vao que se establece como lugar de encontro.
As ruínas romanas da leira Mirambell son a testemuña muda dunha Vila (casa de campo da época romana) que data da época do baixo Imperio (século III-inicios do VI a. C.), e que, segundo os expertos, estaba en continua relación co núcleo romano existente en Vigo. O edificio tería unha función residencial e produtiva,de explotación dos recursos primarios.
Máis Información e inscricións: Casa da Xuventude e Punto Xove: 986 29 48 06
Descargar todas as imaxes
Máis Información e inscricións: Casa da Xuventude e Punto Xove: 986 29 48 06