Escoitar

Navia contará en xuño cun pavillón e un campo de fútbol de hérba sintética financiados con fondos do Plan E

O secretario xeral de Cooperación Local do Ministerio de Política Territorial, Gaspar Zarrías, visitou hoxe as obras do pavillón polideportivo e campo de fútobl de herba sintética que se están a construír en Navia con cargo aos fondos do Plan E. As novas infraestruturas deportivas, cun investimento cercano aos 6 millóns de euros, estarán rematadas no mes de xuño.

venres, 26 mar 2010
1269611635visitazarrias.jpg
Gaspar Zarrías amosou a súa satisfacción pola boa xestión que o Concello de Vigo fixo dos fondos do plan estatal. O secretario de Estado dixo que cumpriu os tres obxectivos cos que o Goberno puxo en marcha este proxecto: mobilizar a economía local, fomentar o emprego e desenvolver infraestruturas que favorezan o benestar da cidadanía. Zarrías sinalou que o pavillón e o campo de fútbol de Navia son un bo exemplo de que Vigo cumpre eses obxectivos. "Son proxectos que van a repercutir para que un barrio tenga instalaciones acordes coas necesidades do século XXI".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou na súa intervención que as obras de Navia son proba "do empeño na cooperación conxunta que o Goberno do Estado e o Concello de Vigo temos". Asegurou que "non temos límite neste empeño", que fundamentalmente vai dirixido a favorecer un desenvolvemento sostible, de calidade e equilibrado. "Queremos para Navia as mellores condicións para a calidade de vida dos seus veciños e veciñas", sinalou o alcalde.

O pavillón, con capacidade para 1.500 espectadores, será o segundo complexo deportivo da cidde tras o das Travesas. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou que a obra está executada xa ao 35%. A semana que ven estará rematada a estrutura da fachada e nun mes a cuberta. En canto ao campo de fútbol terá unhas dimensións de 60x100 metros e capacidade para 432 espectadores.

O tenente de alcalde adiantou que estas infraestruturas son a primeira fase dun proxecto para a zona dotacional de Navia, que tamén inclúe unha piscina olímpica, zonas para deportes de raqueta e espazos deportivos abertos.
Descargar todas as imaxes