Escoitar

O alcalde solicita a Feijóo unha entrevista para "transformar" o novo hospital nun "proxecto público"

Abel Caballero anunciou este venres o envio dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita unha reunión para "inmediatamente" abrir o diálogo de cara a "transformar o proxecto privado dun hospital <de Vigo> en proxecto público dun hospital". Esta solicitude está respalda por "case 50.000 persoas" que onte xoves manifestáronse na cidade olívica "en defensa da sanidade pública", concluíu.

venres, 26 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitou hoxe venres do presente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, unha entrevista para "transformar o proxecto privado dun hospital en proxecto público dun hospital".

Caballero anunciou o envio dunha carta este venres solicitando a Feijóo a devandita reunión, un día despois da manifestación cidadá convocada en Vigo pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que reuniu a 46.000 persoas, segundo os datos da Policía Local. As "case 50.000 persoas" asistentes á "magnífica concentración" de onte "en defensa da sanidade pública" respaldan a demanda, realizada "seguindo a indicación desa concentración", asegurou Abel Caballero.

O alcalde explicou que a manifestación cidadá de onte xoves foi unha mesaxe da cidade de Vigo á Núñez Feijóo, decindolle que "queremos un hospital público con financiamento público". Abel Caballero defendeu un novo hospital para Vigo "con financiamento público, con dimensión pública, 1.450 camas e mediciña referencial".