Escoitar
A este anuncio súmanse as obras previstas noutros dous centros máis que permitirán que Vigo dispoña o vindeiro curso de 8 escolas infantís municipais e 750 prazas

O alcalde informa da licitación de dúas novas escolas infantís municipais que ofertarán 160 prazas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno ven de aprobar as inversións para a construcción de dúas novas Escolas Infantís municipais. A primeira delas estará na rúa Tomas Alonso, ofertará 80 prazas e contará con 270 metros cadrados e unha inversión de 246.000 euros.

xoves, 25 mar 2010
O segunda escola estará ubicada na rúa Casiano Martínez e tamén disporá dunha inversión de 246.000 euros, 80 prazas e preto de 260 metros cadrados.

Tal e como confirmou o rexidor o Concello aprobou en total medio millón de euros para as novas instalacións infantís, "coa garantía do público e o prezo do público".
O socialista preve que os centros poderán entrar en funcionamento o vindeiro curso polo que adiantou que "levarán un ritmo de execución elevado", dixo.

As novas Escolas Infantís súmanse as obras de adaptación que se están levando a cabo en Mestres Goldar en Castrelos, con 500.000 euros de inversión e que ofertará outras 100 novas prazas.
Pero as previsións municipais non quedan aí xa que Caballero explicou tamén que "en breve" iniciaránse as obras na rúa Coruña-no Chouzo-, que permitirán dispoñer doutras 80 prazas.

En definitiva o vindeiro curso estarán en funciomento 4 novas Escolas Infantís municipais públicas, con 350 novas prazas que se unirán ás xa existentes. En total serán, segundo os cálculos do rexidor, 8 guarderías cunha oferta de 750 prazas.

Hora do Planeta
O vindeiro sábado 27 de marzo Vigo sumaráse a Hora do Planeta entre as 20:30 e as 21:30 horas como xa o fixo en anos precedentes. O acto, promovido por wwf Adena, pretende facer unha chamada de atención sobre a necesidade de aforro de emisións de CO2 e da loita contra o cambio climático e o quentamento global.

Abel Caballero avanzou que deste xeito Vigo únese ao apagado que reproduciráse a nivel mundial en zoas simbólicas das cidades. No caso vigués apagarase a Praza de España, Praza do Rei e o edificio do Concello así coma o edificio municipal do Areal.