mércores, 16 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, informou esta semana que o proxecto para a reforma do estadio de Balaídos que Vigo presentou para optar a ser sede do Mundial de Fútbol de 2018 ou 2022, cumpre todos os requisitos que establece a FIFA sobre aforo, visibilidade, dimensións do terreo de xogo, aparcamentos e mellora do contorno.
martes, 15 set 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou esta mañá na Real Federación Española de Fútbol (RFEF) o proxecto de Vigo para optar a ser unha das sedes do Mundial no ano 2018 ou 2022. Ao remate da xuntanza explicou que a proposta da nosa cidade "tivo unha boa acollida".
luns, 14 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este luns que o proxecto para a reforma do estadio de Balaídos que Vigo presentará para optar a ser sede do Mundial de Fútbol de 2018 ou 2022, cumpre todos os requisitos que establece a FIFA sobre aforo, visibilidade, dimensións do terreo de xogo, aparcamentos e mellora do contorno.
xoves, 27 ago 2009
Tras as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas iniciadas en diferentes dependencias municipais, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que as piscinas de Teis e Lavadores entrarán en funcionamento o vindeiro martes, 1 de setembro. Respecto á piscina do Carme, o edil nacionalista indicou que o día 7 abrirá ao público o vaso destinado ao desenvolvemento dos cursos.
mércores, 26 ago 2009
Os montes de Bembrive e Beade acollerán a vindeira fin de semana a terceira edición da Subida Cidade de Vigo de automobilismo, segundo adiantou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da proba, na que tamén participaron representantes da escudería Racing Sport, da Entidade Menor de Bembrive e da Comunidade de Montes de Beade, o concelleiro nacionalista salientou a preocupación da organización pola seguridade e o medio ambiente "para que Bembrive e Beade non sufran ningún tipo de problema á hora de disfrutar da proba".
martes, 25 ago 2009
A ría de Vigo será o vindeiro domingo 30 de agosto, o escenario da XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Vigo, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, na presentación do evento. No acto, no que tamén participaron en representación do Real Club Náutico o seu presidente, Franco Cobas, e Ramón Ojea, e o vicepresidente do Club de Remo Coruxom Darío Fernández, o edil nacionalista animou á cidadanía a disfrutar cunha proba que é un "auténtico espectáculo deportivo".
xoves, 20 ago 2009
As escolas deportivas municipais comezarán este ano o 1 de outubro e prolongaranse durante oito meses ata o 30 de maio. Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, e Ángel Lago, director do Instituto Municipal dos Deportes, presentaron hoxe un novo curso, no que a concellería investirá 150.000 euros e para o que se programou o ensino de 28 modalidades deportivas para os nenos e nenas, ofertando unhas 4.200 prazas para nenos e nenas empadroados en Vigo e nacidos desde 1993 a 2003, aínda que tamén hai catro programas para adultos maiores de 18 anos e baloncesto e natación para discapacitados físicos e psíquicos.
mércores, 19 ago 2009
A Travesía a Nado da Ría disputarase o vindeiro domingo 23 e agosto entre a praia do Con, en Moaña, e a dársena interior do Náutico de Vigo, segundo anunciaron este xoves o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e o presidente do RC Náutico, Franco Cobas. O concelleiro nacionalista pediu "o apoio dos cidadáns e cidadás" o domingo, porque "a proba ten cada vez máis nivel e entusiasmo, a cidade debe envorcarse máis, porque é un espectáculo ver a tanta xente cruzando a Ría a nado".
martes, 18 ago 2009
A segunda edición do Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala disputarase o vindeiro sábado, a partir das 20.30 horas, no pavillón central das Travesas, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da competición, na que tamén participou o vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, e o director deportivo do Inter Movistar F.S., Julio García, o concelleiro nacionalista animou aos vigueses e viguesas a "acudir a este evento deportivo do máis alto nivel".
martes, 18 ago 2009
O Real Club Celta medirase ao Sporting de Xixón este xoves no XXXIX Cidade de Vigo de fútbol, unha nova edición a partido único que se xogará ás 21.00 horas no estadio municipal de Balaídos, segundo afirmou esta mañá o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. "O Celta ten unha historia de equipo potente e este trofeo significa podelo ver rodar, é un posible exame de como está a posta en marcha do equipo", salientou o edil do BNG.