Escoitar

Caballero entregou os premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares e anunciou a reforma das pistas de Castrelos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu por vez primeira á entrega de premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que onte á noite recoñeceu aos e ás 25 mellores atletas de 2011 en nove categorías, cunha dotación económica total de 7.400 euros, e presentou as sete probas de 2012, as mesmas que na edición anterior (10 km Cidade Universitaria, Media Maratón Vig-Bay, Nocturna de San Xoán, 10 km Xornadas Marisqueiras, Vigo+11, Subida ao Castro e Carreira do Pavo).

mércores, 7 mar 2012
1331122753deporte.jpg
O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregou trofeos e cheques ante un auditorio con representantes de todos os estamentos do atletismo local e organizadores de probas.

Álvaro Prieto e Patricia Mendes gañaron a categoría Promesa-senior, mentres que nos outros grupos de idade houbo primeiro posto para Daniel Bargiela (M-35), José Álvarez (M-50), Roberto Rey (M-60) e Alejandro Álvarez (junior-xuvenil) en categoría masculina, e para Mercedes Gómez (F-35), Carmen Costas (F-50) e Carmen Vasconcellos (F-60) na feminina.

No auditorio do Verbum, Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, e por María José Táboas, en representación de PSA Peugeot Citroën, membro do Padroado da Fundación VIDE, entregou tamén un agasallo aos organizadores das probas (Universidade de Vigo, Club de Corredores Vig-Bay, Federación Galega de Atletismo, Viveiros de Vigo e errepetrés) "sen os que non sería posible todo isto", dixo.

Manel Fernández, como responsable do deporte vigués, manifestou a clubs, organizadores e atletas que o reto para este ano é "superar os 10.000 atletas entre estas sete probas polo municipio". Pola súa banda, o alcalde pechou o acto anunciando que este ano será realidade a reforma da pista de Castrelos, "xusta e necesaria, e así ninguén me volverá a parar pola rúa reclamándoma", chanceou. Abel Caballero felicitou a atletas e organizadores de carreiras por "esta forma de cultura e de facer cidade".
Descargar todas as imaxes