Escoitar

Danza vertical inaugura o ALT-12

A fachada de detrás do MARCO convertirase o mércores ,7 de marzo, nun escenario de danza vertical co que se inaugura o 11º Festival Alternativa das Artes Escénicas de Vigo. A actuación, que comezará ás 20 horas, estará a cargo da compañía Sacude que ofrecerá Falso Giro-2, un espectáculo aéreo de danza vertical que fusiona teatro, poesía, danza, acrobacia e audiovisual.

martes, 6 mar 2012
1331034230giro2.jpg
Neste espectáculo a compañía Sacude representará a historia de Sacu e Mica, dúas personaxes que se coñecen durante un traxecto en tren . "Cando non queremos chegar á nosa parada, transformémonos en Sacu e Mica, seres que dan renda solta á nosa imaxinación e a nos mesmos. Nese momento, sen rumbo, entramos nun mundo etéreo, sen atmosfera, fluído e espacial, no que nos movemos con soltura, sentindo o ben estar do momento. Chegando onde sempre quixemos chegar."

Samuel Delgado e Mamen Alcázar son os integrantes da compañía Sacude que obtiveron co espectáculo que representarán o mércores en Vigo, Falso Giro-2, o premio de Danza Vertical do Certamen Internacional de Coreografía Burgos-Nueva York.
Descargar todas as imaxes

Máis información