Escoitar

O alcalde propón consensuar un novo tax lease que defender conxuntamente ante Bruxelas

Abel Caballero demandou este luns que a Consellería e o Ministerio de Industria manteñan un encontro coas empresas e os sindicatos do sector naval para consensuar entre as partes, e xunto ao Concello de Vigo, un novo tax lease que defender en conxunto ante Bruxelas. Para o rexedor este é un tema "central" e considerou "imprescindible" unha solución urxente, para o que ofreceu a colaboración do goberno local.

luns, 5 mar 2012
1330951016caballero.JPG
A "mala nova" da negativa da Comisión da Competencia da Unión Europea á última proposta dun novo regulamento de bonificación fiscal para o sector, o chamado tax lease, o alcalde de Vigo salientou que a rápida resolución desta cuestión é "imprescindible" e ofertou a colaboración do Concello de Vigo para conseguilo.

Caballero instou á Consellería de Industria da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria a contactar coas empresas e sindicatos do naval para consensuar "de forma inmediata" un novo tax lease viable que defender en común ante Bruxelas. Ofreceu Caballero a "cooperación" municipal para ir "todos xuntos" a Europa cun "gran acordo" entre as administracións estatal, autonómica e local e empresarios e traballadores do sector.
Descargar todas as imaxes