Escoitar

O rexedor avoga por achegar á cidade as convencións científicas da Universidade

Vigo acollerá durante o mes de xullo o Congreso de Enxeñeiros Industriais na rama de Organización, unha reunión científica na que o Concello quere participar activamente. Logo de manter un encontro cos responsables do evento, Abel Caballero reiterou a súa vocación de cooperar con todos os procesos de desenvolvemento universitario, incluíndo o aniversario e as actividades de I+D da Escola de Enxeñería.

venres, 2 mar 2012
1330692596industriales.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou esta mañá de venres o apoio municipal á organización do Congreso de Enxeñeiros Industriais -na rama de Organización- que se celebrará na cidade o próximo mes de xullo. O rexedor, que mantivo un encontro cos responsables do evento, reiterou a súa vocación de cooperar con todos os procesos de desenvolvemento universitario. Deste xeito, avanzou que o Concello tamén colaborará co aniversario e as actuacións de I+D previstas pola Escola de Enxeñeiros.

Durante a rolda de prensa, o rexedor apuntou que lles trasladou aos organizadores do congreso que "as reunións científicas deberían aproximarse á cidade, e así o vou falar co reitor". Sería moi positivo, continuou, "porque contribuiría a integrar as actuacións da Universidade coa cidade" e, deste xeito, se mimetizaría a actividade económica, hosteleira co propio desenvolvemento dos congresos. Concluíu lembrando que no ano que ven Vigo acollerá tamén o congreso de Economía, con máis de 500 participantes.
Descargar todas as imaxes