Escoitar

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES 8 DE MARZO

Co gallo do 8 de Marzo celebrarase no salón de plenos do Concello de Vigo unha sesión plenaria específica na que participarán as integrantes do Consello Municipal da Muller. A sesión, aberta ao público, terá lugar o 8 de marzo, ás 10.00 horas. Tamén celebrarase unha manifestación ás 20.00 horas desde a farola de Urzaiz ata a praza da Constitución.

mércores, 7 mar 2012
1331123948consellomuller.JPG
Manifestación

Para o día 8 de Marzo, xoves, ás 20:00 h, o Consello Municipal da Muller de Vigo convoca a toda a cidadanía a participar nunha manifestación polos dereitos das mulleres. Para reafirmar aínda máis o seu carácter reivindicativo en prol das mulleres, convida ás persoas participantes a portar nela simboloxía feminista.

A praza da farola de Urzáiz será o punto de encontro da cidadanía para iniciar a manifestación que, baixo o lema "Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo", percorrerá diversas rúas viguesas ata a praza da Constitución. Ao seu termo, as integrantes do Consello Municipal da Muller lerán un comunicado coas reivindicacións desta xornada.

Consello Municipal da Muller

O Consello Municipal da Muller de Vigo está integrado por un total de 23 entidades, entre as que figuran representantes de asociacións de mulleres, grupos políticos con representación municipal, secretarías da Muller dos sindicatos, e a Concellería de Igualdade.

Na actualidade, conforman o Consello as seguintes asociacións: Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, Mulheres Nacionalistas Galegas, Feministas Independentes Galegas,, Vogalía da Muller da Federación Veciñal "Eduardo Chao" de Vigo, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación de Mulleres Lúa, Asociación de Mulleres Rosalía de Castro,APM Concepción Arenal, Asociación de Mulleres Progresistas, Asociación de Mulleres de Bouzas, Asociación de Mulleres Xestas, Colectivo Violeta, Escola de Mulleres Solidarias Área Metropolitana de Vigo, Asociación Mujeres en Igualdad, Asociación de Viudas Demócratas Europeas de Vigo,Secretaría da Muller da CIG, Secretaría da Muller de CC.OO.,Secretaría
da Muller do STEG, Secretaría da Muller da UGT, Concellería de Igualdade,Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Grupo Municipal do BNG e Grupo Municipal do PP.

Descargar todas as imaxes