Escoitar

Propostas con mirada feminina no ALT 2012<br />

O Auditorio do Concello concentra o xoves, día 8 de marzo, as actuacións do día do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ALT-12 co comezo do ciclo adicado ás novas creadoras galegas. Ás 20 horas encontro entre a bailarina e coreógrafa Mónica García e o cuarteto de improvisación libre Suelen Estar Quartet e ás 21.30 a Compañía Los Corderos representarán a obras "El cielo de los tristes".

mércores, 7 mar 2012
O ciclo comeza o Día Internacional da Muller con Mónica García, que está a crear os seus últimos traballos en Galicia. Danza contemporánea de alta calidade onde a improvisación con música en directo será a protagonista. Creatividade feminina comprometida coa realidade actual é a que nos presentan a Compañía das Marías coa súa obra de denuncia que trata de mulleres que son enganadas para acabar como vítimas de explotación sexual. Falar destas mulleres é xa solidarizarse con elas, invitándonos a reflexionar sobre a súa situación. Dúas propostas con mirada feminina que sen dúbida será un gran comezo para o ALT 2012.

XOVES 8 DE MARZO

20 h
Programa Novas Creadoras
Colabora área de Igualdade da Universidade de Vigo
"MÓNICA " (Galicia)
Duración aprox.: 20
Lugar: Vestíbulo do Auditorio do Concello

Encontro entre a bailarina e coreógrafa Mónica García e o cuarteto de improvisación libre Suelen Estar Quartet. Nun marco de investigación, o traballo articúlase entorno á idea da escritura instantánea e improvisada. Acción, música e danza xorden da atención ao momento.

Dirección: Mónica García.
Intérpretes: Macarena Montesinos, María José Pámpano, Elena Vázquez, Saúl Puga e Mónica García.



21.30 h.
Cía. LOSCORDEROS (Cataluña)
"El cielo de los tristes"
Duración: 1h.15’
Lugar: Auditorio do Concello

Ningunha hipótese, ningunha conxetura. Terapia ou morte. Inmolación pseudo-psico-filosófica á procura de razóns para seguir seguindo. Acaso non hai outro xeito para entender a existencia que non sexa existir? Unha migración exaltada cara os suburbios mentais que nos desequilibran para así poder tomar inconsciencia. Un lugar onde renovarse ou morrer.

Dirección e interpretación: David Climent e Pablo Molinero.
Deseño iluminación: Conrado Parodi, loscorderos.sc.
Coprodución: loscorderos.sc, Festival Temporada Alta.