xoves, 11 feb 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres que os representantes da Federación Española de Fútbol expresaron os seus parabéns ao Concello de Vigo polo proxecto de reforma do estadio de Balaídos, que se inclúe na candidatura da cidade para ser unha das sedes do Mundial de Fútbol dos anos 2018 ou 2022. Os representantes federativos mantiveron unha reunión de traballo para analizar os diferentes aspectos da candidatura de Vigo e foron tamén recibidos polo alcalde e o tenente de alcalde.
xoves, 4 feb 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou hoxe os seus parabéns ao iudoka vigués Miguel Romero, polo seu título de campión de España de menos de 73 kilos. En "recoñecemento ao seu esforzo e traballo", o edil nacionalista entregoulle un exemplar do libro "Vigo cidade das ondas" no trancurso dunha recepción na Concellería de Deportes, na que tamén participou o presidente da Federación Galega de Iudo, Mario Muzas.
xoves, 28 xan 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e a xerente da Fundación Vide, Laura Magdalena, presentaron hoxe as bolsas Vide 2010, coas que a Fundación premia o traballo de deportistas vigueses no 2009 e cuxo prazo se abre do 1 ao 28 de febreiro.
martes, 26 xan 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este martes o proxecto do novo pavillón polideportivo de Candeán, que recolle diversas demandas da veciñanza da parroquia. Ao pavillón, de 2.230 metros cadrados construídos, que se situará ao carón da Asociación Veciñal, unirase unha área deportiva exterior de 2.200 metros cadrados.
venres, 15 xan 2010
O concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso, recibiu hoxe no seu despacho á windsurfista viguesa Lara Lagoa, que se acaba de clasificase para a primeira edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade, en Singapur no vindeiro mes de agosto. A proeza da deportista, bolseira pola Fundación VIDE en 2009 e que compite co Náutico de Cangas, xestouse no Campionato de Europa da clase techno, en Cádiz, do 29 de decembro ao 5 de xaneiro pasados. "Non pensaba clasificarme nin de broma porque ían só catro países representando a Europa", confesoulle ao concelleiro nacionalista. Pero rematou sexta e, como por diante había catro de dous países, España obtivo o cuarto lugar que daba billete para os Xogos.
xoves, 7 xan 2010
O O Concello de Vigo ofreceu hoxe unha recepción oficial aos equipos participantes na Supercopa, Inter Movistar, ElPozo Murcia, Xacobeo 2010 Lobelle e FC Barcelona, e aos representantes da Liga Nacional de Fútbol Sala. A Supercopa xógase en Vigo hoxe xoves e mañá venres, no pavillón das Travesas.
luns, 4 xan 2010
As entradas para a Supercopa de España de fútbol sala, que se disputará os vindeiros días 7 e 8 de este mes (xoves e venres) no pavillón central do IMD das Travesas, poranse á venda esta mesma tarde nos despachos de billetes do complexo deportivo municipal vigués. A organización fixou uns prezos populares de 6 euros para a xornada de semifinais e de 10€ para a final. Ademais, o abono para ver as dúas xornadas será de 12€. Os menores de 15 anos poden entrar de balde presentando o DNI ou documento acreditativo da idade ata completar aforo.
mércores, 23 dec 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo hoxe un chamamento a participar na carreira popular San Silvestre, que se celebrará o vindeiro 31 de decembro no parque de Castrelos a partir das 17 horas. Na presentación da proba o concelleiro resaltou a combinación de deporte e solidariedade da carreira, xa que os corredores deberán doar alimentos non perecedeiros a modo de inscrición que posteriormente serán entrados á asociación Afán.
venres, 18 dec 2009
Durante catro días e como en anos anteriores, varios pavillóns municipais recibirán este Nadal o Torneo Solidario Multideportivo Nadal en Vigo, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e de Caixanova e a organización do Coruxo F.C., a Federacón Galega de Fútbol Sala e a empresa Tiempo Muerto. O torneo será para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que xogarán ao baloncesto, balonmán ou fútbol sala.
venres, 18 dec 2009
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, recibiu esta mañá no Concello aos clubs de elite que forman parte da Fundación Vide para manter un pequeno encontro por Nadal, no que aproveitou para facerlle entrega da primeira doazón da tempada.