Presentación do libro "Hijas de Galicia"

mércores, 11 xuñ 2003

Julio César González Pagés , doctor en Ciencias Históricas da Universidade da Habana, presentaba esta mañá xunto o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe o libro titulado "Emigración de Mujeres Gallegas a Cuba: <b>Las Hijas de Galicia</b>". Trátase dunha investigación sobre a asociación "Hijas de Galicia", posiblemente a maior no mundo, de emigradas galegas e descendentes cunha cifra que sobrepasa ás 58.000 mulleres en 1960.

Exhibición aérea da "Patrulla Águila"

venres, 6 xuñ 2003

O domingo 8 de xuño a partir da 13:00 horas sete avións do Exército do Aire que forman a "Patrulla Águila" realizarán unha exhibición aérea sobre a Ría de Vigo e que organiza a Concellería de Cultura.

Ainhoa Zuazua clausura o ciclo de música Xeración 2000+3

xoves, 5 xuñ 2003

A soprano Ainhoa Zuazua acompañada ó piano de Francisco Borja darán o concerto de clausura do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+3" que organiza a Concellería de Cultura. O concerto de carácter gratuíto comezará ás 20.30 horas do venres no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo.

Rosa Regás propón actividades para organizar no Verbum-Casa das Palabras

martes, 3 xuñ 2003

A escritora Rosa Regás asistiu a unha reunión do Comité de Expertos do Verbum-Casa das Palabras para traballar no programa de actividades que comezará no museo a partir de setembro. O concelleiro de Cultura en funcións, Carlos Príncipe, destacou a cifra de 50.000 visitantes no primeiro mes de apertura desta nova dotación cultural situada en Samil.