Cultura inaugura unha mostra de Pietro Chiaramonte

xoves, 3 xul 2003

A Concellería de Cultura organiza a exposición "Toscana Fauve" do artista italiano Pietro Chiaramonte. Os 19 óleos que representan paisaxes da Toscana, espidos e naturezas mortas poderanse ver do 4 ao 27 de xullo na Casa Galega da Cultura.

Vigo súmase á Festa da Música

venres, 20 xuñ 2003

O Verbum, o auditorio do Conservatorio de Música e a concatedral Santa María serán os escenarios nos que se celebren concertos durante o sábado para desenvolver Festa da Música organizada por Xuventudes Musicais e patrocinada pola Concellería de Cultura.

A Casa das Artes acolle unha exposición de obras de Dalí

xoves, 12 xuñ 2003

"Os dalís de Dalí" é o título da exposición que a Fundación Caixa Galicia e a Concellería de Cultura inauguran na Casa das Artes. A exposición, realizada conxuntamente coa Fundación Gala-Salvador Dalí, con motivo do XXV aniversario da entidade financeira, mostra 50 pinturas e debuxos do pintor ampurdanés e permanecerá na cidade ata o 13 de xullo.