mércores, 18 xul 2007
O concelleiro de Cultura, Xesús López, xunto co director do Museo Verbum, Lois Cea, e o director da exposición Cow Parade, Mario Ubiaga, presentaron hoxe mércores no Concello a recta final da Cow Parade e a publicación dun libro coa recopilación de todas as vacas que Vigo acolleu nas súas rúas.
venres, 13 xul 2007
A Casa Galega da Cultura abre, hoxe venres e ata o 29 de xullo, unha exposición co título " O camiño do autogoberno" con motivo das xornadas sobre a "Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo" que se realizarán o 13 e 20 deste mes organizadas por Galicia Nova Vigo.
venres, 13 xul 2007
O domingo, día 15, iniciase o programa de actividades "Camiña e Coñece" co fin de difundir o patrimonio cultural do Concello a través de itinerarios guiados e que veñen de presentar os concelleiros de Cultura e Animació Sociocultural,Xesús López; Deportes, Xabier Alonso e Patrimonio Histórico, Elena Maure.<br />
luns, 9 xul 2007
Ata o próximo domingo, 15 de xullo, pódese visitar na Casa das Artes a exposición de "Tamara de Lempicka" que amplía o seu horario visitas.
xoves, 5 xul 2007
O Marco acolle, dende o día 3 de xullo e ata o 8 de setembro, un programa de talleres infantís gratuíto que leva por título "Unha volta á Galia". Esta actividade é para nenos e nenas de 3 a 8 anos e terá lugar de martes a sábados (festivos incluídos), de 12.00 a 14.00 horas, no Laboratorio das Artes, no primeiro andar do museo.
mércores, 4 xul 2007
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo o mercores unha xuntanza co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e co director xeral da entidade, José Luis Pego, na que manifestaron a súa vontade de colaborar no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e tamén das relacionadas coa mocidade.
luns, 2 xul 2007
O Verbum organiza campamentos de verán para nenos e nenas de entre 6 a 12 anos cunha duración de oito días. A primeira quenda é do 3 ao 6 de xullo e a segunda do 10 ao 13 de xullo.
venres, 29 xuñ 2007
A partir deste sábado, 30 de xuño, a entrada ao MARCO será gratuíta todos os días de apertura do museo. O Padroado do MARCO (composto por representantes do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Caixanova e o Ministerio de Cultura) aprobou por unanimidade a modalidade de libre acceso na súa última reunión do 5 de xuño.
xoves, 28 xuñ 2007
A Escola Municipal de Artes e Oficios ofrece ata o 20 de xullo no seu Salón de Exposicións unha mostra conxunta dos distintos obradoiros que traballan no seu seo, entre eles o de luthería antiga, debuxo, moda e confección e escultura e talla en madeira.
xoves, 28 xuñ 2007
O Festival de Jazz Imaxina Sons centra este venres as súas actividades no contorno do Concello, ás 21.00 horas coa actuación de Daniel Flors no Auditorio Municipal e ás 23.00 cun concerto ao aire libre na praza do Rei a cargo de Gilad Atzmon & The Orient House Ensemble.