Nova data do concerto de Pablo Alborán

venres, 26 xul 2013

O concerto do artista Pablo Alborán, previsto nun principio para este domingo día 28 no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI (avenida do Aeroporto, 772-Cotogrande), tense aprazado para o mércores 14 de agosto, pola traxedia acontecida o pasado mércores en Santiago de Compostela. O concerto, organizado pola empresa Categórica Produccións, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas e inclúese no programa VIGO EN FESTAS 2013.

Obras inéditas dun Manuel Colmeiro mozo compoñen a exposición que se poderá visitar na Fundación Laxeiro ata o 15 de setembro

A Fundación Laxeiro presenta a exposición "Colmeiro,debuxos de mocidade"

martes, 23 xul 2013

O mércores, 24 de xullo a Fundación Laxeiro presenta a primeira entrega dun novo ciclo anual que, co título, Os novos, mostrará a obra dos artistas que formaron parte do grupo do mesmo nome da Vangarda histórica galega. O ciclo inaugúrase con esta exposición de Manuel Colmeiro Guimarás (Silleda, Pontevedra, 1901-Salvaterra do Miño, Pontevedra, 1999), unha das figuras chave da renovación plástica galega no século XX.

Programación completa de O’Marisquiño XIII

xoves, 18 xul 2013

A Concellería de Cultura e Festas colabora no MARISQUIÑO XIII, que se celebrará os días 9, 10 e 11 de agosto, incluído dentro do programa VIGO EN FESTAS 2013, e que contará con actividades de Skate, BMX, mountain bike down town, dirt jump, bboying, trial, freestyle motocross, fingerboard, graffiti e concertos.

"OS INKLINGS" - mostra bibliográfica

luns, 15 xul 2013

Durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra bibliográfica e audiovisual onde se recollen varios dos títulos máis destacados dos Inklings.Baixo este nome se atopa o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores coma C.S. Lewis, o autor da saga de "Crónicas de Narnia" ou J.R.R. Tolkien, autor da saga "O señor dos aneis"

A novena edición de ImaxinaSons, o festival de jazz de Vigo chega ao seu fin o sábado 6 de xullo.

venres, 5 xul 2013

Mostly Other People Do the Killing, unha das figuras máis destacadas deste festival será un dos responsables de poñer fin á penúltima xornada desta novena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, o venres 5 a partir das 21.00h no Auditorio Municipal do Concello. Ademais, o festival contará con Richard Galliano o sábado 6 de xullo ás 23.00h na Praza da Constitución.