martes, 21 abr 2020
Segundo adiantou o alcalde, distribuiranse exemplares de “A Batalla de Rande” xunto coa comida que se leva aos domicilios. O goberno municipal destina 98.500 euros a entidades culturais da cidade e apunta o adiamento do concerto de Sting para o 31 de agosto de 2021.
martes, 21 abr 2020
O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local ten en marcha un proceso de compra de 100.000 máscaras de protección que se repartirán nas próximas semanas entre os vigueses. De xeito inmediato, comezará a distribuír as primeiras 20.000 grazas a un adianto de unidades que fará POVISA ao Concello.
martes, 21 abr 2020
Abel Caballero informou este martes de que o vindeiro xoves manterá unha vídeo conferencia de traballo cos ministros de Sanidade, Transición Ecológica e Política Territorial para estudar a desescalada da pandemia do Covid-19 en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
luns, 20 abr 2020
No encontro con Pedro Sánchez acordouse a celebración dunha reunión da FEMP co Xefe do Executivo cada quince días e encontros cos titulares de Sanidade e Transición Ecolóxica para perfilar a desescalada. A FEMP pide que superávit e remanentes se utilicen en cada territorio para afrontar ambos os procesos. Caballero reiterou a colaboración das cidades durante a crise e reivindicou a condición de Estado dos Gobernos Locais: “Estamos e formamos parte do Estado e queremos contribuír ao conxunto do Estado. Unidos na lealdade”
venres, 17 abr 2020
A Xunta de Goberno Local adxudicou a compra de xel, somieres e albornoces para as persoas acollidas, aluga sete furgonetas para o reparto de comida a domicilio a familias que o precisan, e incorpora dous oficiais desinfectores e un camión de 9.000 litros con dous canóns para limpeza principalmente no rural, explicou Abel Caballero este venres.
venres, 17 abr 2020
O alcalde valora a importancia da primeira reunión, celebrada onte, co comité asesor para a recuperación e puxo en valor o Pleno telemático no que a “clase política da cidade estivo á altura” do que demanda Vigo nestes momentos.
venres, 17 abr 2020
O Concello de Vigo recibiu unha doazón da empresa Vegalsa-Eroski con roupa para as persoas que están acollidas no pavillón do Berbés. Abel Caballero agradeceu en nome da cidade as achegas de empresas e persoas particulares e asegurou que “nunca rexeitamos ningunha doazón”.
venres, 17 abr 2020
Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo segue a facilitar inversións e permisos para realizar obras, sempre que se cumpran as medidas de seguridade e protección precisas para loitar contra o coronavirus. Ademais de autorizar as actividades con licenza concedidas, autorízanse novos permisos sempre que se poidan resolver de xeito telemático.
venres, 17 abr 2020
O presidente do Goberno e os representantes da Federación celebrarán unha vídeoconferencia ás 12.30 da mañá do 20 de abril. O alcalde anunciou que a FEMP acode coa intención de manter un diálogo aberto e coa vontade de colaboración: “Somos Estado e queremos cooperar ante unha crise extraordinariamente importante”
xoves, 16 abr 2020
O alcalde explicou que “non descarto en absoluto” atrasar novamente os prazos para abonar os impostos municipais, segundo evoluciona a pandemia. Caballero detallou ao Pleno as medidas adoptadas nesta crise, facendo fincapé na prevención, limpeza e atención aos máis vulnerables, cunha partida “sen límite orzamentario” para as axudas de emerxencia.