O Concello desenvolve co Plan Comunitario de Teis un programa de prevención e integración coa infancia

martes, 16 set 2008

O Concello de Vigo e o Plan Comunitario de Teis desenvolverán un proxecto de atención á infancia no barrio de Teis con apoio psicopedagóxico, lúdico e social tentando previr situacións de risco e favorecendo a integración. As concellerías de Benestar Social, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística traballarán coordinadamente, en colaboración co Plan Comunitario, nunha iniciativa que ten unha dotación económica de 42.000 euros.

María Méndez salienta a creación do Consello das Migracións como un instrumento para avanzar na integración

martes, 9 set 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe o Consello Municipal das Migracións, un organismo co que se pretende involucar ás persoas emigrantes e inmigrantes retornados na elaboración das políticas que se desenvolvan desde o Concello de Vigo para estes colectivos. O regulamento do novo organismo sectorial foi aprobado inicialmente no último pleno e agora abrirase o periodo para a presentación de alegacións.

A concelleira María Méndez reafirma o compromiso do Concello no Día Internacional do Cooperante

luns, 8 set 2008

A concelleira de Benestar, María Méndez, reafirmou hoxe na celebración do Día Internacional do Cooperante, o compromiso do Concello cos acordos internacionais en materia de cooperación. A concelleira anunciou que o seu departamento ampliará paulatinamente as partidas destinadas á cooperación co obxectivo de incrementar o apoio que desde o Concello se ven ofrecendo ás políticas dirixidas á erradicación da pobreza e as desigualdades no mundo.

María Méndez expresa o seu compromiso de incrementar as axudas de libros, material escolar e comedor no curso 2009-2010

venres, 29 ago 2008

A Concelleira de Benestar Social, María Méndez, manifestou este venres o seu compromiso de incrementar o número de axudas para libros, material escolar e comedor para o curso 2009-2010 destinadas ao alumnado de centros escolares públicos e privados concertados de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. A edil así o expresou na presentación do resultado da convocatoria correspondente ao curso escolar que comeza o vindeiro mes.

A Concellería de Benestar Social abrirá no 2009 en Coia un novo centro de servizos municipais

martes, 22 xul 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este martes que Coia contará a principios do 2009 cun novo centro de servizos municipais, que aglutinará ás unidades básicas de atención social (UBAS) de Coia, Litoral e Castrelos. Na presentación do proxecto, os representantes do goberno municipal explicaron que o novo centro se instalará nun local ubicado na rúa Quintela e atenderá a unha poboación inicial de 75.000 persoas.

Xa se poden presentar as solicitudes para acceder o programa "O noso taxi" que beneficiará a 208 persoas

luns, 21 xul 2008

O proxecto "O noso taxi", que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social porán en marcha no mes de setembro, xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes, segundo anunciaron este luns o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar, María Méndez. Os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, que ten o obxectivo de mellorar a mobilidade das persoas con dependencia e da que poderán beneficiarse ata 208 usuarios e usuarias ata final de ano, poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 6 de agosto no Concello de Vigo.

O Concello expresa o seu apoio ao pobo saharaui na recepción aos participantes do programa "Vacacións en paz"

venres, 18 xul 2008

O Concello de Vigo, nas intervencións do alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, expresou o seu apoio ao pobo saharaui durante a recepción ofrecida aos rapaces, rapazas e familias de acollida que participan no programa "Vacacións en paz". En total, son 76 menores os que pasarán os meses de xullo e agosto con familias de acollida viguesas, e este ano Benestar Social financia o desprazamento de 35 deles, o que supón un incremento de prazas con respecto a anos anteriores.

O Consello da Muller asegura que as vítimas de violencia de xénero contan con todos os recursos municipais

martes, 15 xul 2008

A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, deu conta onte pola tarde ao Consello Municipal da Muller do proceso seguido para o peche da Casa de Acollida e a creación do novo Centro de Emerxencia. Tras as explicacións da concelleira e o debate e intercambio de opinións das integrantes do Consello Municipal, as propias participantes solicitaron facer públicas as conclusións do encontro. Así, as integrantes do Consello Municipal da Muller queren precisar que os servizos de información, apoio e aloxamento á muller maltratada en Vigo "funcionan dende o principio e seguen funcionando en todos os seus extremos".