luns, 5 out 2009
La concejala de Bienestar Social, la nacionalista María Méndez, destacó este lunes que la nueva programación del "Otoño cultural" incorpora como novedad la celebración de charlas informativas sobre salud y prevención. Según explicó María Méndez, este programa se desarrollará a lo largo de los meses de octubre, noviembre y parte de diciembre y con él las personas mayores tendrán también la posibilidad de visitar los museos de la ciudad y acudir al teatro.
venres, 25 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, alertou aos escolares de 6º de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro do perigo que supoñen as drogas durante a inauguración do programa "Eu son eu". No acto, no que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e responsables da asociación Érguete, o tenente de alcalde asegurou que "hai tantas cousas boas que se poden facer que é unha estupidez caer no mundo das drogas".
xoves, 24 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este xoves que un total de 28 dependencias municipais serán accesibles para toda a cidadanía antes de finais de ano, co investimento de 2.135.549 euros para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Na visita realizada hoxe á piscina e o pavillón do Carme para comprobar o estado das obras, ademais do tenente de alcalde tamén participaron a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, o presidente do club Amfiv Pablo Beiro, e diversos representantes do Consello Local de Accesibilidade, así como as arquitectas encargadas do proxecto.
mércores, 23 set 2009
A concellería de Benestar Social, en colaboración coa asociación Érguete, porá en marcha o programa preventivo "Eu son eu", dirixido a alumnos e alumnas de 6º de Primaria. O obxectivo da iniciativa, que se desenvolverá nunha sesión semanal ao longo dun trimestre, consiste no fortalecemento da personalidade individual ante a presión do grupo.
martes, 22 set 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes que o departamento que dirixe incrementou este ano 2009 un 40% o orzamento destinado a cooperación. A edil así o afirmou tras a sinatura dun convenio de colaboración co presidente do Fongo Galego de Cooperación Internacional, Alfredo Novoa, que ascende a 70.000 euros e se destinará ao desenvolvemento dun proxecto de abastecemento e saneamento de auga en Cabo Verde.
luns, 14 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron este luns un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, e coa presidenta de Médicos do Mundo, Nieves Turienza, co obxectivo de desenvolver diversos proxectos encamiñados á integración das persoas con problemas de drogodependencias. Segundo explicou o concelleiro, mediante a sinatura destes convenios, cuxo importe global é de 113.000 euros, financiarase o servizo calor café e a unidade de rúa de Médicos do Mundo e tres pisos de inserción social xestionados por Érguete.
martes, 8 set 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes que "é a primeira vez que o Concello de Vigo incrementa o seu orzamento destinado a cooperación máis alá da subida do IPC" ao pasar de 64.000 a 100.000 euros. A edil así o subliñou no transcurso do acto celebrado con motivo do Día Internacional do Cooperante, no que participaron representantes de distintas ONGs e do Fondo Galego de Cooperación, e no que ademais de dar lectura á declaración institucional aprobada no pleno de onte, se mantivo unha conversa coa cooperante viguesa Ana Maro, que desenvolve o seu traballo en Guatemala.
venres, 4 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que as axudas para comedor e libros para o curso que comeza nos vindeiros días se incrementaron en 114.000 euros respecto ao exercicio pasado, ao pasar de 400.000 a 514.000 euros. Na presentación conxunta do programa coa concelleira de Benestar Social, María Méndez, o tenente de alcalde subliñou que estas axudas "que saen dos cartos da cidadanía van encamiñadas á loita pola igualdade de oportunidades" e a paliar a crise económica.
martes, 1 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o responsable territorial do Secretariado Xitano, Santiago Avión, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten por obxectivos a intervención familiar para a integración da poboación de etnia xitana e cigana e a erradicación do chabolismo. O programa chegará a 54 familias. Segundo explicou o tenente de alcalde, a sinatura deste convenio supón "o impulso ao obxectivo do goberno e do BNG de traballar coas distintas sensibilidades sociais para acadar a igualdade de oportunidades na nosa sociedade".
xoves, 16 xul 2009
O alcalde, o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar Social deron hoxe a benvida do Concello de Vigo aos 50 nenos e nenas saharauis que este ano están acollidos por familias viguesas dentro do programa "Vacacións en Paz", que conta co financiamento do departamento de Benestar.