Vigo recibíu o premio da Cocemfe polo seu traballo a prol da accesibilidade
O alcalde, o tenente de alcalde e as concelleiras de Benestar Social e Vías e Obras viaxaron a Madrid para recibir o galardón. De todo o Estado, Vigo foi a cidade que máis investiu na eliminación de barreiras arquitectónicas, actuando en 23 instalacións municipais. Os traballos de humanización exténdense a 134 rúas, ou 63,7 quilómetros de calles humanizadas, con accesibilidade para persoas con discapacidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e as concelleiras de Benestar Social e de Vías e Obras, María Méndez e Isaura Abelairas, recolleu a pasada semana o premio da Cocemfe (Confederación Española de Persoas con Discapacidad Física y Orgánica) pola labor deste concello na mellora da accesibilidade e a integración das persoas con discapacidade.
O galardón é o recoñecemento ao traballo levado a cabo na cidade nestes tres anos de goberno. En total realizáronse 23 actuaciones en instalacións municipais -nove pabellóns, dous espacios deportivos, tres piscinas e tres mercados- nas que se acondicionaron os edificios e se adaptaron os baños para as persoas con discapacidade.
Ademáis humanizáronse 134 rúas de Vigo, todas elas adaptadas para as persoas con discapacidade e, de feito, a meirande parte das beirarrúas teñen cota cero. No 2008 humanizáronse 11 rúas, 92 no 2009 e nesta lexislatura traballarase nun total de 31 rúas. Todas elas suman 63,7 quilómetros humanizados e con accesibilidade para persoas con discapacidade.
O Concello de Vigo ten un Consello Local de Accesibilidade creado no ano 2003 coma un órgano de carácter consultivo; órgano reforzado o pasado ano conquerindo potestade participativa na toma de decisións da política municipal. O goberno da cidade, integrado por PsdeG e BNG, ten concebido a accesibilidade coma un eixo transversal de todas as áreas xestionadas e de aí o recoñecemento por parte da Cocemfe.
Descargar todas as imaxes