Escoitar

O alcalde rubrica con empresarios e sindicatos un acordo laboral para "fortalecer o emprego" na cidade

Abel Caballero agradeceu aos colectivos sindicais e empresariais a súa participación no Pacto Local polo Emprego que asinouse hoxe luns para "fortalecer o emprego" existente, fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e iniciar accións para o acceso laboral dos colectivos de difícil inserción. A finalidade do acordo é "pór por diante e por enriba de todos os obxectivos o emprego".

luns, 21 xuñ 2010
1277123884pacto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este xoves con representantes empresariais e sindicais o Pacto Local polo Emprego, un acordo dirixido a "fortalecer" o traballo na cidade.

A sinatura deste acordo laboral a nivel local tivo lugar este xoves entre o Concello de Vigo, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE-Vigo), a Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores de Vigo (UXT) e a Conferencia Intersindical Galega da cidade (CIG).

Abel Caballero agradeceu a sindicatos e empresarios a súa participación nun Pacto no que o Concello leva traballando ano e medio -desde o 6 de febreiro de 2009- con "innumerables" reunións entre as partes, "conscientes da importancia dun acordo local polo emprego".

Este traballo de case 18 meses -no que constituíronse sete mesas sectoriais de actividade- "hoxe faise realidade", indicou o alcalde, coa finalidade de "fortalecer o emprego" existente, fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e iniciar accións para o acceso laboral dos colectivos de difícil inserción.

Caballero concedeulle "gran importancia" ao consenso plasmado no Pacto Local polo Emprego, un "clima de acordo" que permite "pór por diante e por enriba de todos os obxectivos o emprego".

O alcalde asegurou que o Concello manterá os niveis de investimento público que está a desempeñarse ata o de agora para xerar desde a administración pública postos de traballo nesta época de crise. Caballero recordou que o Concello ten en marcha obras no rural, as derivadas do novo Fondo Estatal do Goberno de España e mañá martes o Pleno aprobará o Plan Económico Financeiro municipal adaptado ao decreto de reducción de déficit, que posibilitará ao goberno local realizar investimentos propios por valor de 40 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes