luns, 10 mai 2010
Abel Caballero entrevistouse con Manuel Chaves e con José Blanco esta mañá en Madrid. No encontro pasaron revisión ao estado dos proxectos estatais na cidade, a rede ferroviaria e aeroportuaria, a biblioteca e o Plan E. Caballero, Chaves e Blanco coincidiron en diagnosticar o magnífico estado da cidade e a boa saúde dos seus proxectos estratéxicos de futuro
venres, 7 mai 2010
O alcalde asistirá ao acto, que terá lugar o vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:30 horas no que ofrecerase o galardón aos afiliados da SCDR Helios de Bembrive e aos colectivos veciñais que apoiaron a proposta. No evento serán homenaxeados os presidentes anteriores da Sociedade e actuarán os grupos Coral Polifónica Helios e a banda de gaitas Cans de Palleiro.
xoves, 6 mai 2010
Abel Caballero acudíu este xoves á Colexiata de Vigo para presenciar a retirada dos vestixios franquistas do templo, o último dos doce nos que actuou o Concello, en aplicación da Lei da Memoria Histórica, "pechando feridas e desde a normalidade", apuntou o alcalde, e con todas as "facilidades" por parte do anterior e do actual bispo, aos que agradeceu a súa actitude.
xoves, 6 mai 2010
O alcalde e un centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bachillerato do Instituto de Educación Secundaria Castelao mantiveron na mañá desde xoves unha charla na que intercambiaron opinións sobre a marcha da cidade, as infraestruturas en marcha, o goberno municipal e a economía viguesa. No turno de preguntas debatíuse sobre o botellón, a crise e a educación, entre outros temas.
mércores, 5 mai 2010
O alcalde vigués participou onte martes no Parlamento Europeo de Bruselas nunha reunión de autoridades locais para facer unha "fronte común" polo clima. Caballero recordou que as cidades emiten máis da metade do CO2 do continente, e en Vigo "estamos na dirección contraria" porque a cidade olívica "leva tempo traballando" na materia. O socialista apuntou algunhas actuacións ao respecto, como as humanizacións e o proxecto de "cidade piloto" do coche eléctrico.
mércores, 5 mai 2010
Abel Caballero reunirase o venres en Madrid coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, para tratar de definir as axudas do Goberno de España a PSA Peugeot Citroën para a fabricación do vehículo eléctrico na súa factoría de Balaídos. Para o alcalde, sería o "paso definitivo" para facer de Vigo "cidade piloto" do coche eléctrico, e anunciou que entón o Concello comprará unha flota dos novos automóbiles.
mércores, 5 mai 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores no último acto programado por mor do cumio informal de ministros de Pesca da Unión Europea, unha visita en barco pola Ría de Vigo e as Illas Cíes que puxo o punto e final á presencia na cidade olívica dos máximos responsables europeos en materia pesqueira.
luns, 3 mai 2010
Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a substitución da cuberta do Parque Central, o "comezo dunha gran reforma" que afectará a todo o edificio de Bombeiros de Teis. O alcalde indicou que a mellora permitirá que os vehículos conten cun estacionamento individual con saída automática, para gañar en axilidade no caso dunha emerxencia.
luns, 3 mai 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que a Xunta continúe o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora iniciado en decembro de 2008. Caballero plantexa na misiva o compromiso de que no momento no que a Xunta continúe este proceso, adiante os recursos e se firme o convenio, a administración local financiará os terreos.