Vigo reforza o seu compromiso coa transparencia cun novo portal web

xoves, 10 dec 2015

O Concello vén de abrir <i>transparencia.vigo.org</i>, un novo espazo onde a cidadanía pode solicitar información e acceder a un amplo catálogo de datos municipais. Con 95 puntos sobre 100, Transparencia Internacional concedeu a Vigo a mellor nota das cidades galegas, superando ademais a urbes como Valladolid ou Madrid.

VIII Encontro de Palilleiras Cidade de Vigo

venres, 14 mar 2014

O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo reunirá o domingo 16 de marzo o " 7º Encuentro Nacional PALILLEIRAS Ciudad de Vigo" con máis de 500 artesáns do encaixe de bolillos. O encontro está organizado pola Asociación Arte y Filigrana e conta coa colaboración do Concello de Vigo.

Campamento de nadal en Vigozoo

xoves, 20 dec 2012

Para estes días de nadal o club de amigos e amigas de Vigozoo propon unha serie de actividades educativas e lúdicas nas instalacións do parque como alternativa de lecer educativo en contacto coa natureza para estes días de tempo libre.