A APP Vigo inclúe 14 novos roteiros interactivos
venres, 2 xul 2021O alcalde lembrou que agora mesmo “hai activos 41 itinerarios”.
O alcalde lembrou que agora mesmo “hai activos 41 itinerarios”.
Abel Caballero mantivo un encontro telemático con responsables da aeroliña con quen, dixo, “queremos ter unha boa relación pero co noso modelo de convenio”.
O goberno local quere que os areais vigueses volvan ser 1.000x100 seguras covid polo que despregará de novo cintas separadoras en O Vao e en Samil para distribuír á xente en cuadrículas. Na presentación deste sistema, o rexedor confiou en que este verán Vigo poida recibir un importante número de visitantes.
A transformación experimentada pola cidade e o atractivo vigués brillaron este xoves en Madrid, na Feira Internacional de Turismo. Xunto a Paula Montes e Miguel Lago, o alcalde presentou “o mundo nunha cidade”, a gastronomía, o medio ambiente, as praias, a cultura, O Marisquiño e o Nadal, o lugar onde “está todo o que calquera busca para as súas vacacións”.
“Cemiterio de Pereiró, historia da cidade” e dúas rutas xincana “O Vigo dos Ilustres” e “A Porta do Tempo” incorpóranse xa á aplicación municipal para coñecer a Vigo e “impulsar o proceso turístico”, tal e como explicou o alcalde.
Desde hoxe, a aplicación suma un total de 21 rutas para gozar da cidade. Con estes contidos, o goberno municipal quere poñer en valor os recursos naturais das parroquias de Vigo, da costa, do río Lagares e das Illas Cíes.
Na clausura en Madrid da xornada organizada por Exceltur sobre novos paradigmas competitivos nos destinos de sol e praia, coa participación da ministra Reyes Maroto, Abel Caballero defendeu a necesidade de “fortalecer” ao sector para que a oferta vaia “marcando a pauta” das novas demandas turísticas.
O alcalde acompañará mañá á vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, na presentación do Plan Memoria Democrática, nun acto que terá lugar nas dependencias da FEMP ás 10,00 h. Máis tarde, sobre ás 14,00 h, clausurará por videoconferencia a xornada Exceltur “Nuevos paradigmas competitivos en los destinos de sol y playa”. Durante a reunión, na que tamén estará presente a ministra de Industria e Comercio, Reyes Maroto, presentaranse os resultados do informe SOLYTUR no marco dis fondos Next Genaration da UE.
O goberno de Vigo decidiu suspender a actividade desde este mesmo xoves, dada a entrada en vigor da limitación das reunións a un máximo de cinco persoas, segundo anunciou o alcalde. O Concello prevé retomar as visitas cando as circunstancias sanitarias o permitan, mantendo a reserva daqueles que xa tiñan praza.
O rexedor avanzou que o goberno municipal traballará conxuntamente coa hostalería, o turismo e a Vigo Convention Bureau na aplicación desta medida para o asesoramento dos establecementos en materia de prevención sanitaria.