Escoitar

Abel Caballero: “Seguimos transformando Vigo Zoo nun aula da natureza”

O Goberno da cidade aprobou en Xunta de Goberno a contratación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de VigoZoo para 2024 e 2025 por 244.886 euros. O rexedor congratulouse polo “practicamente cheo” dos hoteis durante o aninovo.

martes, 2 xan 2024

Abel Caballero anunciou a contratación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de VigoZoo, para os anos 2024 e 2025, por 244.886 euros, cubrindo as necesidades de mantemento durante as tardes de todo el ano.

Como indicou o alcalde, “continuamos coa transformación de VigoZoo nunha aula da natureza e divulgación ambiental” convertendo nun “parque de lecer familiar e aventuras”. Actualmente estamos traballando na “instalación de xogos de lianas e tirolinas” na entrada do recinto que previsiblemente “arrancará o seu uso no mes de febreiro”. Haberá un xogo de lianas de 10 metros, unha tirolina de 12,5 metros e un percorrido con pontes de madeira.

Ocupación aninovo

Caballero tamén falou “das cifras récord” de turismo que alcanza Vigo co Nadal. Sinalando que “seguimos sendo líderes en España” co “gran tirón” destas datas, alcanzando un “practicamente cheo” dos hoteis durante o aninovo.

Descargar todas as imaxes