Escoitar

O dispositivo municipal para o frío atendeu a 93 persoas na última quincena de decembro

O dispositivo de rúa despregado entre o 14 e o 26 de decembro axudou a 93 persoas con motivo do descenso das temperaturas por baixo dos 9 graos centígrados. Así o detallou o alcalde de Vigo, ao anunciar que os servizos sociais do Concello xa prepararon os recursos necesarios para afrontar unha nova onda de frío durante os días 5, 6 e 7 de xaneiro.

martes, 2 xan 2024
Albergue municipal
Albergue municipal

Abel Caballero indicou que das 93 persoas que contaron con axuda municipal para afrontar a baixada das temperaturas, un total de 36 durmiron no albergue; outra foi aloxada nunha habitación adicional;, e outras 26 foron atendidas en hostais. Ademais, o persoal do dispositivo de frío repartiu roupa de abrigo, así como mantas e bebidas quentes.
Con motivo das festas de Fin de Ano e de Aninovo o Concello serviu 75 menús do Nadal no comedor do albergue municipal.
O rexedor apuntou que na actualidade o nivel de ocupación do albergue é do cento por cento, e que o Concello conta co de Santa Cruz, en Teis. “Seguimos atendendo ás persoas que nos necesitan”.
#Ante as previsións doutra onda de frío a próxima fin de semana o Concello xa dispuxo os medios de rúa para atender as necesidades das persoas que requiran axuda. “Seguiremos atendendo a quen non teñen teito na cidade”.

Descargar todas as imaxes