Escoitar

O Concello inicia en xaneiro dez cursos de formación para o emprego

Abel Caballero anunciou este martes que na primeira quincena de xaneiro comezarán a impartirse os dez cursos de formación para o emprego, enmarcados no plan "Vigo Emprega", dotados polo Concello cun presuposto de máis de 46.000 euros.

martes, 2 xan 2024
Comenzan os novos programas de formación para o emprego de "Vigo Emprega"
Comenzan os novos programas de formación para o emprego de "Vigo Emprega"

O alcalde explicou que na última Xunta de Goberno aprobouse a adjucación de dez cursos de formación para o emprego. “Seguimos facendo formación para xerar emprego”, afirmou.

O rexedor detallou que a oferta de cursos deseñados para propiciar a inserción e capacitación profesional está integrada por formación en xestión de equipos e organización do traballo en obras de construción; soldadura por arco baixo gas; pintura decorativa en construción; novos tratamentos para madeira; fontanería: novos materiais e instalacións solares; deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica; xardinería; tratamento do medio; igualdade de oportunidades e sensibilización ambiental.

Descargar todas as imaxes