Pleno da Corporación
O Pleno de Vigo aproba a modificación puntual do Plan Xeral para reordenar o Barrio do Cura
martes, 8 out 2019A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura foi aprobada este martes na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal. Tanto PSOE como PP votaron a favor, mentres que Marea posicionouse en contra e o BNG abstívose. Agora, o documento pasa a exposición pública durante dous meses.
Vigo pide ao Goberno galego unha liña de axudas para a innovación empresarial
mércores, 25 set 2019O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores unha moción do grupo socialista reclamando á Xunta de Galicia que cree unha liña de axudas económicas para as empresas industriais que realizan proxectos de innovación. A proposta saíu adiante cos votos do PSOE e a abstención de PP, Marea e BNG.
O Pleno reclama á Xunta que aporte 5 millóns adicionais á rehabilitación do Casco Vello de Vigo
mércores, 25 set 2019Aprobada a moción do PSOE coa que se insta ao Consorcio do Casco Vello a facilitar aparcadoiros e prezos reducidos aos propietarios e inquilinos do barrio histórico da cidade. O PP votou a favor de solicitar á Xunta de Galicia que amplíe a súa achega económica á recuperación da zona.
A Corporación esixe medidas á Xunta en materia de vivenda en aluguer para os máis desfavorecidos
mércores, 25 set 2019O grupo socialista presentou a moción, que demanda ao goberno autonómico a resolución "inmediata" das axudas ao alugueiro do Plan de Vivenda Estatal para persoas con escasos recursos, que achegue fondos propios ao mesmo para ampliar o número de beneficiarios e que convoque as axudas ao inicio de cada ano para evitar posibles desafiuzamentos.
O Pleno insta a rematar a xestión administrativa da nova ordenanza municipal de mobilidade
mércores, 25 set 2019Os grupos do PSOE, PP e En Marea coincidiron esta mañá na defensa da necesidade de rematar a xestión administrativa e reguladora da nova ordenanza municipal de mobilidade sostible. O concelleiro Non adscrito abstívose na votación dunha moción que solicitaba a regulación do uso do patinete tan pronto o Goberno central aprobe o Real Decreto de medidas urbanas de tráfico.
O Pleno da Corporación respalda a Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo<br />
mércores, 4 set 2019Todos os grupos políticos avalaron esta mañá a petición de Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo, apoiando unha moción defendida no Pleno desta mañá pola concelleira do Grupo Mixto, Oriana Méndez. As catro forzas políticas deron luz verde a un texto que foi presentado por colectivos ecoloxistas agrupados na Alianza pola Emerxencia Climática.
O Pleno insta a Feijóo a garantir a asistencia sanitaria no centro de saúde de Bouzas
mércores, 4 set 2019Marea de Vigo e BNG apoiaron a moción do PSdeG-PSOE fronte ao voto contrario do PP. Tamén saíron adiante dúas propostas socialistas, unha demandando á Xunta a creación de dúas escolas infantís na cidade e outra instando ao goberno autonómico a que se achegue fondos para a reforma do Estadio de Balaídos.