mércores, 30 mai 2018
Dúas mocións aprobadas este mércores no Pleno Municipal de Vigo instan a Fomento, Xunta e concesionaria a poñer fin aos problemas de tráfico en Rande. A Corporación solicitou tamén ao presidente da Xunta que pida publicamente desculpas aos cidadáns que quedan atrapados nas retencións. Neste último caso o PP alegou que non se pronunciaba porque a proposta foi levada fora de prazo.
mércores, 30 mai 2018
Silvia Gonçalves, en representación do colectivo, interveu este mércores ante a Corporación para denunciar que Hospital Álvaro Cunqueiro conta cunha matrona por cada tres parturientes cando a OMS recomenda unha por cada muller ou como máximo por cada dúas. As profesionais demandan da Xunta que "propicie as condicións para que o noso traballo non sexa bo, senón excelente"
mércores, 30 mai 2018
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou por unanimidade solicitar á Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a rectificar a súa decisión de acabar cos informativos locais ao considerar que teñen a obriga de atender a demanda informativa dos veciños da cidade e a súa área de influencia.
mércores, 25 abr 2018
PSOE e Marea deron luz verde á modificación da Ordenanza Municipal reguladora do Servizo de Taxi para garantir unha axeitada regulación do servizo. Coa abstención dos concelleiros populares, o Pleno validou un texto consensuado co sector que incorpora medidas para evitar o intrusismo e mellorar a rendabilidade.
mércores, 25 abr 2018
Os votos do PSOE e da Marea deron luz verde a unha proposta de resolución plenaria que pedirá a dimisión de Alfonso Rueda se non se "senta de inmediato" a negociar cos sindicatos de Xustiza. Na sesión desta mañá, unha representante dos traballadores leu un manifesto en defensa das súas reivindicacións.
mércores, 25 abr 2018
Unanimidade na votación plenaria para instar ao Ministerio de Fomento ao remate das melloras da estrada, garantindo a finalización de tódolos traballos antes da segunda quincena de xuño. A concelleira María José Caride destacou a alta siniestralidade que se rexistra na zona debido ao mal trazado da vía.
mércores, 25 abr 2018
O portal do Ministerio de Facenda volve a colocar a Vigo como a cidade que primeiro paga aos seus provedores, tal e como explicou esta mañá o concelleiro de Facenda nunha sesión Plenaria na que tamén deu conta do bo estado de execución orzamentaria do primeiro trimestre do ano.
mércores, 25 abr 2018
O Pleno validou unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns de euros para o financiamento das axudas á rehabilitación de vivendas nos ARIS do Casco Vello, Bouzas, Coia e Santa Clara. A proposta do goberno local acadou o apoio unánime de todos os grupos.
mércores, 25 abr 2018
Os votos de PSOE e Marea serviron para aprobar unha moción do grupo municipal socialista na que reclaman á Xunta que as unidades e servizos do Complexo Hospitalario de Vigo sexan referencia para a poboación da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés.
xoves, 5 abr 2018
A moción do Partido Popular saíu adiante cos votos a favor dos tres grupos municipais instando ao goberno local a acordar cos representantes dos traballadores unha adecuación retributiva "xusta" e que "remate coa discriminación" existente entre as retribucións de policías e bombeiros da cidade.