luns, 20 out 2008
O edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este luns as liñas principais do convenio asinado coa Asociación Fontaiña, polo que se formará aos voluntarios que o soliciten en medioambiente. Ata o momento, son xa 165 os apuntados para participar, aínda que está aberto a todos aqueles que queiran anotarse na Concellería. Algunhas das actividades son a vixilancia ambiental do litoral e do Lagares.
xoves, 14 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, visitou este xoves a oficina do servizo de atención ao cidadán, o teléfono 010, e salientou o "excepcional" do seu traballo e adiantou que "se seguirá a impulsar o seu funcionamento". No que vai de 2008, o 010 atendeu máis de 100.000 consultas, cifra coa que "se vai pulverizar" as 149.000 atendidas no 2007.
venres, 30 mai 2008
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez, ven de presentar, en rolda de prensa, a convocatoria de subvencións para asociacións cara a realizar actividades de fomento da participación e para inversións en infraestructuras e equipamentos.
mércores, 26 mar 2008
O alcalde, Abel Caballero, visitou este mércores o Centro Cívico do Casco Vello para coñecer de primeira man o estado das dependencias que alberga e as necesidades das asociacións que teñen nel a súa sede. Neste sentido, Caballero afirmou que "temos que seguir buscando espazos" para algunhas destas entidades.
mércores, 26 mar 2008
El alcalde, Abel Caballero, visitó este miércoles el Centro Cívico del Casco Vello para conocer de primera mano el estado de las dependencias que alberga y las necesidades de las asociaciones que tienen en él su sede. En este sentido, Caballero afirmó que "tenemos que seguir buscando espacios" para algunas de estas entidades.
venres, 25 xan 2008
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, asinaron este venres coa Asociación de Veciños de Teis un convenio que ten por obxecto fixar as bases da colaboración para organizar e executar os programas de actividades que se desenvolverán no Centro Cívico de Teis por parte da Asociación.
mércores, 5 set 2007
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, presentaron hoxe mércores os contidos e funcionamento da plataforma dixital AVAE, integrada no programa Vigo Dixital, polo que os menores hospitalizados de longa estadía no complexo Hospitalario Xeral Cíes poidan recibir a mesma formación que os seus compañeiros nas aulas.
mércores, 5 set 2007
El concejal de Participación Ciudadana, Santos Héctor, y la concejala de Educación, Laura López Atrio, presentaron hoy miércoles los contenidos y funcionamiento de la plataforma digital AVAE, integrada en el programa Vigo Digital, por el que los menores hospitalizados de larga estancia en el complejo Hospitalario Xeral Cíes puedan recibir la misma formación que sus compañeros en las aulas.
xoves, 14 xuñ 2007
A Concellería de Participación Cidadá acaba de publicar a súa "Memoria 2003-2007", na que se recollen os feitos e realidades máis salientables do traballo desenvolvido neste período por parte de todo o equipo humano que conforma o Departamento.
xoves, 14 xuñ 2007
La Concejalía de Participación Ciudadana acaba de publicar su "Memoria 2003-2007", en la que se recogen los hechos y realidades más destacables del trabajo desarrollado en este período por parte de todo el equipo humano que conforma el Departamento.